Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un filólogo, bibliógrafo, pedagogo e escritor galego, coñecido polo seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Foi membro de número da Real Academia Galega desde 1941.

Traxectoria miniatura|dereita|Placa na casa natal na rúa de Santo Agostiño de Pontedeume. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos.

Fundou con Edmundo Roberes Alonso El Eco de Puentedeume en 1906,La Voz de Galicia, 21-2-1906, p. 1. foi redactor de Ecos del Eume, redactor xefe de El Diario de Orense e colaborou en La Zarpa, Galicia, El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche.

Obra miniatura|200px|Diccionario bio-bibliográfico de escritores. La aceptación del dolor, 1914. Ortografía gallega. Bases para su unificación, 1929. La bandera de Galicia, 1929. Los factores del desenvolvimiento humano, 1934. El idioma gallego, Historia, Gramática, Literatura, 1935. Los niños anormales y su educación especial, 1936. Historia de Pontedeume y su comarca, 1944. Diccionario bio-bibliográfico de escritores, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1951-1954. Programa escolar, 1955. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Pontedeume Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Bibliógrafos