Hugo Mallo Novegil, nado en Marín o 22 de xuño de 1991, é un futbolista galego, que xoga de lateral dereito no Aris Salónica, da Super Liga de Grecia. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Celta de Vigo, sendo o segundo xogador con máis partidos oficiais na historia do club, só por detrás de Manolo.
Traxectoria miniatura|Hugo xogando no 2011 Comezou a xogar no equipo local Salgueiriños FC e tras un ano no Pontevedra CF ficha polas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 2009/10 fai a pretempada co primeiro equipo ás ordes de Eusebio Sacristán, debutando xa no primeiro encontro da tempada ante o CD Numancia. Ese ano alternaría o filial co primeiro equipo.
O ano seguinte, xa con Paco Herrera como adestrador acada a titularidade no lateral do primeiro equipo, estatús que mentivo tamén tralo ascenso a Primeira División, porén unha grave lesión impediu que rematase a tempada do seu debút na máxima categoría.
Selección galega Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1).
Vida persoal
En 2024 foi condenado por abusos sexuais a unha traballadora do RCD Espanyol por uns tocamentos antes dun encontro co Celta en 2019.
Clubs AnoClubDivisiónPaísPartidosGoles2008-2009 Celta de Vigo Xuvenil División de Honra Galicia2009-2010 Celta de Vigo Segunda División Galicia 25 02010-2011 Celta de Vigo Segunda División Galicia 28 12011-2012 Celta de Vigo Segunda División Galicia 34 02012-2013 Celta de Vigo Primeira División Galicia 17 0
Traxectoria Actualizado a 9 de xullo de 2017. ClubDivisiónTempadaLiga Copa do ReiEuropa LeagueTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesCelta de Vigo Galicia2ª División2009/10250503002ª División2010/11301003012ª División2011/12340303701ª División2012/13170402101ª División2013/14330203501ª División2014/15281102911ª División2015/16341704111ª División2016/1723260121413Total traxectoria 22452801212646Ficha Hugo Mallo http://www.bdfutbol.com/es/j/j12600.html
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en www.celtavigo.net
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Marín Categoría:Futbolistas de Marín Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Sport Club Internacional Categoría:Xogadores do Aris Salónica FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19