Melanthius é o un prominente cráter de impacto da lúa de Saturno, Tetis. Ten case 250 km de diámetro, situado nas coordenadas 58,5° S 192,6° O, sendo só máis grandes (en Tetis) os cráteres Odiseo e Telemus. O seu nome procede de Melanthius, un cabreiro desleal có heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea.
A principal característica deste cráter é que ten un destacable grupo de picos centrais, ademais dunha marcada diferenza case a xeito de fronteira definida, na densidade de cráteres que existen na parte occidental do cráter (á esquerda da imaxe da caixa de información, amplíese a imaxe) en comparación o resto do territorio que rodea ó cráter.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos de Tetis Lista dos cuadrángulos de Tetis
Categoría:Tetis Categoría:Cráteres