Os Pittsburgh Penguins son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Pittsburgh, Pensilvania (Estados Unidos). Os Pinguins compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrados na Metropolitan Division da Conferencia Leste. Dende o 2010 o equipo xoga os seus partidos como local no Consol Energy Center, logo de ter xogado a maior parte da súa historia no Mellon Arena . O equipo gañou a Stanley Cup en catro ocasións, a última delas en 2016, ademais de gañar unha vez o Presidents' Trophy, cinco o Prince of Wales Trophy e finalizar oito veces como campión da súa división.
Os Penguins creáronse en 1967 como equipo de expansión, tomando parte na NHL na tempada 1967-68 xunto con outros cinco novos equipos: Minnesota North Stars, Los Angeles Kings, California Seals, Philadelphia Flyers e St. Louis Blues. Dende a súa primeira tempada (1967-68), os Penguins teñen disputado cinco veces a final da Stanley Cup, conseguindo o campionato en tres desas ocasión (1991, 1992, 2009). Os seus rivais históricos son os seus veciños Philadelphia Flyers, aos que se enfrontaron en seis ocasións nos play-offs, cun resultado de catro eliminatorias a favor dos Flyers por dúas para os Pens.
En torno a setecentos xogadores diferentes teñen vestido as cores dos Penguins dende os inicios do equipo, aínda que tan só 10 xogadores forman parte do Hockey Hall of Fame. Este é o caso de: Mario Lemieux (xogador con máis partidos xogados, goles, asistencias e puntos da historia do equipo), que dende 1999 é un dos propietarios do equipo. O cadro de xogadores actual está adestrado por Mike Sullivan e está capitaneado polo canadense Sidney Crosby.
Historia
Antecedentes de Pittsburgh na NHL
A presenza da cidade de Pittsburgh na National Hockey League remóntase a mediados dos anos 1920, cando na terceira expansión da liga na templada 1925-26 incorporáronse os segundos equipos estadounidenses na competición,O primeiro equipo dos Estados Unidos en competir na NHL foron os Boston Bruins, que se fundaron en 1924 e comezaron a súa andaina na liga na tempada 1924-25. os Pittsburgh Pirates e os New York Americans. As orixes dos Pirates remóntanse a 1915, cando Roy Schooley fundou un equipo afeccionado na cidade chamado Pittsburgh Yellow Jackets e que competiu na United States Amateur Hockey Association (USAHA) dende a súa creación. Logo de gañar a USAHA en 1924 e 1925, os Yellow Jackets foron vendidos a James F. Callahan, que quería inscribir ao equipo nunha liga profesional, sendo incluídos finalmente na National Hockey League baixo o nome de Pirates.
O primeiro partido da NHL disputado en Pittsburgh tivo lugar o 26 de novembro de 1925, cando o equipo, dirixido por Odie Cleghorn aos Boston Bruins por dous goles a un, e dúas semanas despois derrotaron en Montreal aos Canadiens no que sería o derradeiro partido do mítico porteiro dos Habs Georges Vézina. Esa primeira tempada clasificáronse para os play-offs, con todo os Pirates perderon a eliminatoria fronte aos Maroons en dous partidos (3-1 e 3-3). Os Pirates xogarían catro tempadas máis en Pittsburgh, aínda que só se clasificarían unha vez máis para os play-offs na tempada templada 1927-28, perdendo de novo na primeira rolda fronte aos New York Rangers (6-4 no cómputo global). A andaina dos Pirates chegou o seu fin logo da tempada templada 1929-30, cando moi afectados pola Gran Depresión, os propietarios da franquía trasladárona a Filadelfia, mudando o seu nome polo de Philadelphia Quakers, que finalmente só chegarían a completar unha tempada na cidade.
Rivalidades
Philadelphia Flyers
A rivalidade Philadelphia Flyers–Pittsburgh Penguins, tamén coñecida como The Battle of Pennsylvania, comezou en 1967, cando ambos equipos foron introducidos na expansión da NHL coñecida como "Next Six". A rivalidade existe tanto polo aliñamento de ambos equipos na mesma división, como pola súa situación xeográfica, xa que os dous equipos xogan no Estado de Pensilvania. Os Flyers lideran o rexistro de enfrontamentos con 144 vitorias, 96 derrotas, 30 empates, 30 empates e 7 derrotas na prolongación ata oo final da tempada 2015-16. Con todo, os Penguins eliminaron os Flyers nos play-offs en 2008 e 2009, e foron eliminados no 2012 polo equipo de Filadelfia. Tres anos despois, os Flyers gañaron o sexto enfrontamento nos play-offs entre os dous equipos para avanzar ás semifinais de conferencia. En total, ambos equipos enfrontáronse en seis ocasións nos play-offs, con catro vitorias dos Flyers (Finais da Patrick Division en 1989, 4–3; Cuartos de Final da Conferencia Leste en 1997, 4–1; Semifinais da Conferencia Leste en 2000, 4–2; e os Cuartos de Final da Conferencia Leste en 2012, 4–2) e os Penguins gañaron dúas series (Finais da Conferencia Leste en 2008, 4–1; e Cuartos de Final da Conferencia Leste en 2009, 4–2).
Washington Capitals miniatura|250px|Liorta durante o primeiro partido dos play-offs de 2009 entre Penguins e Capitals. Os Penguins e os Capitals encontráronse un total de nove veces nos play-offs, cun resultado moi favorable para a franquía de Pittsburgh, que conseguiu superar aos de Washington, D.C. en oito ocasións, perdendo tan só nas series de 1994. Os Penguins eliminaron os Capitals no seu camiño á conquista das súas catro Stanley Cups, tendo que chegar ao sétimo e decisivo partido nos play-offs de 1992, 1995 e 2009. Durante anos esta rivalidade foi vista como un duelo entre as dúas grandes estrelas de ambos equipos, Sidney Crosby (Penguins) e Alexander Ovechkin (Capitals), un duelo que tivo o seu momento culminante durante as semifinais da Conferencia Leste en 2009, cando sendos hat tricks no segundo partido abriron a serie. Os duelos nos play-offs entre Capitals e Penguins coa rivalidade entre Ovechkin-Crosby tiveron a súa segunda entrega en 2016, finalizando cunha nova vitoria para os Penguins en seis partidos.
Esta rivalidade presentouse no cuarto Winter Classic, xogado o 1 de xaneiro de 2001 no Heinz Field de Pittsburgh ante 68.111 espectadores, e no que os Capitals gañaron 3-1 . A revista deportiva Sports Illustrated incluíu a rivalidade entre os dous equipos na súa lista das 10 mellores rivalidades da NHL, situándoa no 8º posto da lista.
Identidade do equipo Logotipo e equipamento miniatura|left|alt=Photo du maillot noir des Penguins.|Camisola para os partidos como visitante introducida en 1993. Como todos os equipos da NHL, os Penguins empregaron diferentes camisolas e logotipos dende a súa creación. A primeira camisola dos Penguins era de cor branco, azul claro e azul escuro simplemente coa palabra PITTSBURGH escrita en diagonal. A camisola como local era predominantemente branca, mentres que na camisola visitante había predominio do azul escuro. Na parte inferior e nas mangas, o uniforme local posuía dúas finas bandas de cor azul escuro, mentres que no uniforme visitante as bandas eran brancas. O primeiro logotipo da franquía presentaba un pingüín con bufanda patinando e un círculo negro ao seu redor. No círculo, estaba escrito en branco na parte superior PITTSBURGH e na inferior PENGUINS. O logotipo en cuestión non está presente na camisola do equipo.
Estas primeiras cores das camisolas veñen de Riley, o primeiro presidente da franquía, oriúndo de Toronto e seareiro dos Toronto Argonauts de fútbol canadense, cuxa camisola ten as mesmas cores. A idea de escribir o nome da cidade en diagonal foi proposta por George Sullivan, primeiro adestrador do equipo, en referencia ás camisolas do seu antigo equipo, os New York Rangers. Ao ano seguinte o logo da franquía mudou, perdendo o pingüín a bufanda que tiña orixinalmente. As camisolas non mudan as súas cores, mais as bandas finas desaparecen en favor dunha banda ancha de cor azul ou branca. Na tempada 1970-71, a camisola branca converteuse na camisola local e os Penguins convértense nunha das primeiras franquías da NHL en introducir o nome dos xogadores sobre o número da parte posterior, algo que só se fixo nas camisetas do equipo como local.
A principios da tempada 1972-73, o círculo do logo desapareceu e o tamaño do pingüín aumenta na camisola. O resto da camisola é esencialmente igual, aínda que as cores engádense nas mangas. O 30 de xaneiro de 1980, os Penguins mudaron totalmente as cores e adoptaron as cores dourada e negra nas camisolas por primeira vez na súa historia. Os cores foron adoptadas co fin de unificar aos diferentes equipos deportivos da cidade de Pittsburgh e conseguir así atraer a máis seareiros á "Cidade dos Campións". De feito, os Pirates (béisbol) gañaron en 1979 a National League e os Steelers (fútbol americano) gañaron a Super Bowl o 20 de xaneiro de 1980. Os Boston Bruins consideran que o negro e o amarelo son as súas cores, polo que polo que reclamaron fronte á NHL, con todo os Penguins argumentaron que estas eran as cores empregadas polo antigo equipo de Pittsburgh (os Pittsburgh Pirates) na década de 1920.
miniatura|dereita|Mario Lemieux co logo introducido en 1993.
A parte das cores, os uniformes mantivéronse esencialmente iguais co cambio do azul escuro polo negro e do azul claro pola cor dourada. Entre 1981 e 1985, o equipo vestiu alternativamente os novos e os vellos uniformes nos partidos como local.
Na tempada 1992-1993 da NHL, o logotipo dos Penguins modernizouse e os uniformes cambiaron. Así, o pingüín que patinaba doulle paso a unha cabeza de pingüín máis grande, e o uniforme visitante diferénciase totalmente do local. Este último, aínda predominantemente branco, conta coa cabeza do pingüín, mentres que as camisolas visitantes negras indica na súa parte dianteira en letras maiúsculas a palabra PITTSBURGH. Durante a tempada 1995-96, os Penguins foron un dos cinco equipos da liga que decidiron levar unha terceira camisola para as ocasións especiais. Esta camisola era predominantemente negra coa cabeza do pingüín e bandas que continuaban o logotipo. Esta terceira camisola substituíu na tempada 1997-98 á camisola negra visitante.
Para a 1999-00, os Penguins introduciron unha nova terceira camisola co antigo logotipo dos inicios do pingüín que patinaba sen o círculo. En 2002, esta terceira camisola foi adoptada como uniforme permanente do equipo. Na tempada 2007-08, a NHL decidiu mudar as camisolas de trinta equipos a raíz dun acordo co provedor Reebok. Nesta ocasión, a camisola dos Penguins mudou igualmente; mesmo se era xa un ano que Reebok era a marca do equipo; abandonouse o logotipo de 1993. En 2008, durante o partido xogado no exterior o día 1 de xaneiro, o equipo vestiu unha camisola branca e azul, réplica da camisola da tempada 1968-1969. Esta camisola converteuse oficialmente no terceiro uniforme do equipo.
Mascota miniatura|esquerda|Iceburgh mascota dos Penguins. Coma moitos equipos profesionais norteamericanos, od Penguins tiveron diferentes mascotas ao longo da súa historia. A primeira mascota data da segunda tempada dos Pens. Foi un pingüín real nado en Ecuador e chamado Pete. Fixo a súa primeira aparición durante un partido fronte aos Boston Bruins o 21 de febreiro de 1968.. Pete morreu un mes despois a causa dunha pneumonía porque o persoal do Civic Arena pensou que tería calor e polo tanto fixo que non arrefriara. Pouco tempo despois, un novo pingüín fixo a súa aparición e foi chamado ‘Re-Pete’.. Esta nova mascota sobreviviu ata a tempada 1971-1972.
Dende o comezo da tempada 1993-1994, Iceburgh é o encargado de animar as pausas dos partidos celebrados no pavillón dos Penguins. Baixo o nome de Icey, a mascota fixo unha aparición en Sudden Death, o filme de 1995 con Jean-Claude Van Damme.
Medios de comunicación
Pavillóns