Colorado Avalanche é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Denver (Estados Unidos) que compite na NHL. Fundado en 1972, foi coñecido ata 1995 polo nome de Nordiques de Québec, ao ter a súa base na cidade de Quebec (Canadá). Dende a súa fundación en 1972 ata 1979 competiu na WHA, dando logo o salto á NHL en 1979. En 1995 o equipo mudouse á capital do estado de Colorado, Estados Unidos, trocando o seu nome pola actual denominación. Ao longo dos seus anos de existencia, o equipo gañou dous títulos de liga (1995-96 e 2000-01), dous títulos de conferencia que coincidiron cos anos que gañou a liga, e foi oito veces campión da súa división.
Véxase tamén
Ligazóns externas Colorado Avalanche - NHL.com
Categoría:Colorado Avalanche