Kiviuq é unha pequena lúa de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman no 2000, e déuselle a designación temporal de S/2000 S 5.IAUC 7521: S/2000 S 5, S/2000 S 6 18 de novembro do 2000 (descubrimento)MPEC 2000-Y14: S/2000 S 3, S/2000 S 4, S/2000 S 5, S/2000 S 6, S/2000 S 10 19 de decembro do 2000 (descubrimento e efemérides) No 2003 recibiría o seu nome oficial, procedente da mitoloxía inuitIAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agsoto do 2003 (bautizo da lúa), onde Kiviuq é un lendario e heroico Inuk, unha especie de Ulises Inuit. Tivo un vida longa (ou varias vidas), viaxou polo mundo, vivindo toda sorte de aventuras, os detalles cambia con cada contador de contos tradicional de cada localidade.

Órbita e características físicas

miniatura|esquerda|Os grupos de lúas irregulares de movemento directo de Saturno: Gallic (vermello) e Inuit (azul) Esta lúa é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Kiviuq ten ó redor de 16 km de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 11,111 millóns de km en 450 días, coma se pode comprobar, unha orbita moi semellante á de Ijiraq. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro. Kiviuq amosa un vermello claro e o seu espectro infravermello é moi semellante ó de Siarnaq e ó de Paaliaq, o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande.Grav, T.; and Bauer, J.; A deeper look at the colors of Saturnian irregular satellitesGladman, B. J.; Nicholson, P. D.; Burns, J. A.; Kavelaars, J. J.; Marsden, B. G.; Holman, M. J.; Grav, T.; Hergenrother, C. W.; Petit, J.-M.; Jacobson, R. A.; e Gray, W. J.; Discovery of 12 satellites of Saturn exhibiting orbital clustering, Nature, 412 (12 de xullo do 2001), pp. 163–166

Pensase que Kiviuq está nunha resonancia Kozai, por exemplo, cando ciclicamente se reduce a inclinación orbital, aumenta a excentricidade e viceversa.Ćuk, M.; e Burns, J. A.; On the Secular Behavior of Irregular Satellites, The Astronomical Journal, Vol. 128 (2004), pp. 2518-2541

Notas

Ephemeris from IAU-MPC NSES

Véxase tamén

Outros artigos Saturno Grupo Inuit

Ligazóns externas David Jewitt pages

Categoría:Lúas de Saturno