O New Jersey Devils é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Newark (Nova Jersey, Estados Unidos) que compite na National Hockey League (NHL). O equipo forma parte da Metropolitan Division da Conferencia Leste. Foi fundado en 1974 na cidade de Kansas City (Missouri) baixo o nome de Kansas City Scouts, en 1976 mudouse, polo que pasou a denominarse Colorado Rockies tras establecerse en Denver (Colorado), finalmente, o equipo mudouse a Nova Jersey, polo que adoptou a denominación actual en 1982. Ao longo das súas 25 tempadas en Nova Jersey, os Devils establecéronse no Meadowlands Sports Complex en East Rutherford, e xogaron os seus partidos como local no Brendan Byrne Arena (posteriormente nomeado Continental Airlines Arena). A principios da tempada 2007-08, os Devils trasladáronse á cidade de Newark e dende aquela xogan os seus partidos como local no Prudential Center.

A franquía foi pobre e mediocre durante os oito anos anteriores ao seu traslado a Nova Jersey, un patrón que continuou durante os cinco primeiros anos en Nova Jersey, nos que non foron capaces de clasificarse para os play-offs e nunca finalizaron por riba do quinto posto na súa división. A súa fortuna comezou a cambiar logo da contratación do presidente e general manager Lou Lamoriello en 1987. Baixo a administración de Lamoniello, os Devils clasificáronse todos os anos excepto tres para os play-offs entre 1988 e 2912, incluídas 13 veces consecutivas entre 1997 e 2010. Os Devils gañaron o título da liga regular na Atlantic Division en nove ocasións, a máis recente na tempada 2009-10, antes de ser recolocados na Metropolitan Division como parte do realiñamento da NHL que tivo lugar en 2013. OS Devils chegaron ás finais da Stanley Cup en cinco ocasións, gañando tres veces (1994–95, 1999–00 e 2002–03). Os Devils foron coñecidos polo seu estilo de xogo defensivo durante os seus anos de contenda pola Copa, mais dende aquela foron mudando a un estilo de xogo máis ofensivo.

Os Devils manteñen unha forte rivalidade cos seus veciños da outra beira do río Hudson, os New York Rangers, así como cos Philadelphia Flyers. Os Devils son un dos tres equipos da área metropolitana de Nova York; os outros dous son os New York Islanders e os New York Rangers. A franquía é o único equipo de todas as grandes ligas que se define explicitamente como un equipo de Nova Jersey.

Historia

Rivalidades New York Rangers

Os Devils manteñen fortes rivalidades cos equipos máis próximos xeograficamente, cos cales se teñen enfrontado frecuentemente nos play-offs. A "Battle of the Hudson River" cos New York Rangers recibe o seu nome da proximidade dos pavillóns dos Devils na área metropolitana de Nova York, sempre a menos de dez millas e na outra beira do río Hudson dende o Madison Square Garden. A rivalidade entre os dous equipos comezou cando a franquía dos Devils trasladouse dende Colorado no medio de tres equipos do Gran Nova York xunto cos Rangers, os New York Islanders e os Philadelphia Flyers. Durante as primeiras tempadas os dous equipos non se enfrontaron nos play-offs, a primeira vez que se viron as caras nas series foi en 1992, cando os Rangers (mellor equipo da liga regular) precisaron de sete encontros para derrotar aos de Nova Jersey. En total, os Devils e os Rangers enfrontáronse seis veces nos play-offs, cun rexistro de 4-2 favorable aos de Manhattan.

Tempada Rolda Puntuacións Resultados Balance Referencia 1991-92 Semifinal de División 1-27-33-10-35-85-34-8 16px|alt=derrota 3-4 0-1 1993-94 Final de Conferencia 4-30-42-33-14-12-42-1 16px|alt=derrota 3-4 0-2 1996-97 Semifinal de Conferencia 2-00-22-30-32-1 16px|alt=derrota 1-4 0-3 2005-06 Cuartos de final de Conferencia 6-14-13-04-2 16px|alt=virtoria 4-0 1-3 2007-08 Cuartos de final de Conferencia 1-41-24-33-55-3 16px|alt=derrota 1-4 1-4 2011-12 Final de Conferencia 0-33-20-34-15-33-2 16px|alt=virtoria 4-2 2-4

Philadelphia Flyers

A proximidade de Nova Jersey a Pensilvania tamén levou a unha rivalidade cos Philadelphia Flyers, a "Battle of the Jersey Turnpike". Os Flyers tenen un gran número de seguidores en South Jersey e adestran en Voorhees. Ambos equipos tiñan o maior número de títulos da Atlantic Division antes do realiñamento de 2013, con nove para os Devils e seis para os Flyers. A primeira vez que ambos equipos se enfrontaron nos play-offs foi na tempada 1994-95, cando os Devils derrotaron en seis partidos aos de Filadelfia, dende aquela encontráronse cinco veces nas series eliminatorias, cun rexistro de 3-2 favorable á franquía de Newark.

Tempada Rolda Puntuacións Resultados Balance Referencia 1994-95 Final de Conferencia 4-15-22-32-43-24-2 16px|alt=virtoria 4-2 1-0 1999-00 Final de Conferencia 4-13-42-41-34-12-12-1 16px|alt=virtoria 4-3 2-0 2003-04 Cuartos de final 2-32-34-20-31-3 16px|alt=derrota 1-4 2-1 2009-10 Cuartos de final 1-25-32-31-40-3 16px|alt=derrota 1-4 2-2 2011-12 Semifinal de Conferencia 3-44-14-34-23-1 16px|alt=virtoria 4-1 3-2

Identidade do equipo Logo O logo dos Devils é un monograma das letras "N" e "J", presentado con dous cornos de demo na parte superior do "J" e unha cola en punta na parte inferior. Cando o equipo comezou a xogar en Nova Jersey o monograma era vermello co bordo en verde, mais a cor do bordo mudou a negro en 1992, debido ás dificultades para facer consistente a cor verde entre o seu logo e as camisetas. O logo encóntrase dentro dun círculo negro e nun campo de branco no medio do peito de ambos uniformes. Antes do traslado dos Devils denied Colorado en 1982, a muller do daquela propietario John McMullen deseñou un prototipo de logo, que foi posteriormente modificado por un deseño gráfico e mercadotecnia de empresa profesional, e converteuse no logo vermello e verde empregado polo equipo durante os seus primeiros dez anos en Nova Jersey.

Equipamento

Mascota A mascota do equipo chámase "NJ Devil," un gran demo de 2,1 metros de altura que representa o mito do Demo de Jersey. NJ Devil mantén animado ao público, asina autógrafos, participa no entretemento durante os descansos, patina sobre o xeo,tira camisetas e corre ao longo dos corredores do pavillón aos high five fans. Antes de 1993, a mascota era "Slapshot", un gran puck dos Devils que interactuaba cos seareiros. O home que había dentro do disfrace foi despedido logo de ser acusado de tocar inapropiadamente a tres mulleres mentors disfrazado. A demanda e todos os cargos foron retirados ao non poder ser probados. Para quitar o estigma da demanda, Slapshot foi retirado e non volveu aparecer dende aquela.

Estilo de xogo

Medios de comunicación

Pavillóns Dende o traslado da franquía a Nova Jersey o equipo xogou en dous pavillóns distintos. Dende 2007 os Devils xogan os seus partidos como locais no Prudential Center, logo de 25 anos disputando os seus encontros como local no Continental Airlines Arena.

Pavillóns empregados polos New Jersey Devils Imaxe Nome Primeira tempada Derradeira tempada CapacidadeA capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo. 150px Continental Airlines Arena 1982-1983 2006-2007 19.040 150px Prudential Center 2007-2008 Actualmente en uso 17.625

Continental Airlines Arena

Co traslado da franquía a Nova Jersey, o equipo pasou a disputar os seus encontros como local no Continental Airlines Arena, na cidade de East Rutherford. O pavillón inaugurouse o 2 de xullo de 1981 logo de dous anos de obras, e inicialmente tiña unha capacidade para 19.023 espectadores, con todo a capacidade viuse ampliado en 1985 ata os 19.040 espectadores.

O primeiro partido dos Devils logo do seu traslado a Nova Jersey tivo lugar o 5 de outubro de 1982, cando no primeiro partido da tempada se enfrontaron aos Pittsburgh Penguins, rematando o partido nun empate a tres goles. Durante os máis de 20 anos que os Devils xogaron no Continental Airlines Arena, o pavillón foi escenario das finais da Stanley Cup de 1995, 2000, 2001 e 2003, vendo alzar o título ao equipo local en 1995, 2000 e 2003.

A seguinte táboa mostra os datos de asistencia ao Continental Airlines Arena:

{| class="wikitable" style="text-align: center;" |colspan=4| Datos de asistencia ao Continental Airlines Arena Ano Asistencia media 1983 12.489 1984 11.451 1985 12.261 1986 11.812 1987 11.049 1988 13.402 1989 N/A 1990 14.505 1991 13.148 1992 12.837 1993 13.658 1994 14.585 1995 16.379 </td> Datos de asistencia ao Continental Airlines Arena Ano Asistencia media 1996 16.219 1997 16.398 1998 17.296 1999 16.670 2000 15.206 2001 15.642 2002 15.925 2003 14.858 2004 15.059 2005 - 2006 14.230 2007 14.176

Prudential Center

250px|miniatura|Interior do Prudential Center. En 2007 o equipo trasladouse ao Prudential Center, un pavillón con capacidade para 17.625 espectadores na cidade de Newark. As obras do pavillón comezaron o 3 de outubro de 2005 e inaugurouse o 25 de outubro de 2007.

O primeiro partido dos Devils no novo pavillón disputouse o 27 de outubro de 2007 fronte aos Ottawa Senators. O primeiro gol anotado no novo pavillón foi obra de Chris Neil, dos Senators, que se impuxeron por catro goles a un, mentres que o primeiro gol dos Devils foi anotado por Brian Gionta, ambos goles foron anotados no segundo período.

A seguinte táboa mostra os datos de asistencia media ao Prudential Center:

Datos de asistencia ao Prudential Center Ano Asistencia media 2008 15.564 2009 15.790 2010 15.535 2011 14.775 2012 15.397 2013 17.114 2014 15.868 2015 15.190

Equipos afiliados As franquías da NHL teñen un equipo limitado por convenio, polo que contan cun ou máis equipos «afiliados» que cada ano compiten en ligas menos importantes. Isto lles permite recrutar xogadores xoves na repesca anual permitíndolles continuar o seu desenvolvemento sen comezar demasiado cedo. Ademais, estes equipos afiliados (tamén chamados clubs escola ou farm teams en inglés) constitúen unha reserva de talentos para as franquías da NHL, que os atraen a mercé das lesións e/ou a pobre formación do equipo. A excepción dos equipos propietarios do seu propio club escola, as afiliacións finalizan cun acordo contractual e non se conxelan no tempo. Dende o seu traslado a Nova Jersey, os Devils tiveron as seguintes afiliacións:

Equipos afiliados dos New Jersey Devils Período Equipo Liga 1982-1983 Wichita Wind CHL 1983-1987 Maine Mariners AHL 1987-1993 Utica Devils AHL 1992-1993 Cincinnati Cyclones IHL 1993-2006 Albany River Rats AHL 2006-2010 Lowell Devils AHL 2010-2014 Albany Devils AHL

Afiliacións secundarias Ademais destes equipos, as franquías da NHL posúen unha ou dúas afiliacións denominadas «secundarias» con equipos que compiten en ligas menores. Estes equipos son empregados xeralmente como depósito de xogadores para os equipos anteriores en caso de ausencias por lesión de xogadores ou partidos cun equipo da NHL. Dende a súa chegada a New Jersey, os Devils tiveron as seguintes afiliacións secundarias:

Outras afiliacións dos New Jersey Devils Período Equipo Liga 1982-1984 Muskegon Mohawks IHL 1984-1986 Fort Wayne Komets IHL 1986-1987 Indianapolis Checkers IHL 1988-1989 Flint Spirits IHL 1992-1993 Birmingham Bulls ECHL 1993-1998 Raleigh Icecaps ECHL 1994-1995 Flint Generals UHL 1998-1999 Augusta Lynx ECHL 2007-2011 Trenton Devils ECHL

Personalidades Xogadores Equipo actual

Capitáns Dende a súa primeira tempada na NHL, o equipo dos Devils tivo dez capitáns. O primeiro capitán da historia da franquía logo do seu traslado a Nova Jersey tempada 1982-83 foi Don Lever. A maioría dos capitáns que tivo o equipo naceron no Canadá, e o primeiro capitán non canadense foi o checo Patrik Eliáš, que capitaneou ao equipo na tempada 2006-07, mentres que o primeiro xogador estadounidense foi Jamie Langenbrunner, nomeado en 2007. O seguinte cadro mostra os distintos capitáns do equipo excluíndo os dos equipos anteriores ao traslado a New Jersey, Kansas City Scouts e Colorado Rockies: