Nobody's Daughter é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Hole, editado o 23 de abril de 2010. É o primeiro traballo da banda en 12 anos, dende que en 1998 lanzase Celebrity Skin, debido ao seu parón entre os anos 2002 e 2009.
O álbum foi orixinalmente concibido pola líder da banda Courtney Love como un proxecto en solitario titulado How Dirty Girls Get Clean, como continuación do seu disco de estrea America's Sweetheart, lanzado no 2004. Gran parte do material que aparece en Nobody's Daughter orixinouse nas sesións de estudio de How Dirty Girls Get Clean.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Hole Categoría:Álbums musicais de 2010 Categoría:Álbums producidos por Michael Beinhorn