A Asemblea Nacional de Nicaragua é o órgano que exerce o poder lexislativo en Nicaragua. Está integrada por 92 deputados que son electos para un período de cinco anos mediante o voto. Do total de deputados, 70 son electos de acordo ás circunscricións departamentais e rexionais, mentres que o resto teñen carácter nacional.
A Constitución de Nicaragua dispón que o Presidente e Vicepresidente da República ocuparán os cargos de deputados propietario e suplente, respectivamente, unha vez culminaran o seu período constitucional, tamén farán o mesmo os candidatos a Presidente e Vicepresidente que obtivesen o segundo lugar.
Todos os deputados posúen a inmunidade parlamentaria no exercicio das súas funcións como tales. Anteriormente á Revolución Sandinista, o poder lexislativo era chamado Congreso e a súa sede encontrábase no Palacio Nacional de Nicaragua, actual Palacio da Cultura.
Representación na Asemblea Nacional de Nicaragua Nacional e Departamental Número de deputados Nacional 20Nueva Segovia 2Madriz 2Estelí 3León 6Chinandega 6Managua 19Masaya 4Granada 3Carazo 3Rivas 2Chontales 3Boaco 2Matagalpa 6Jinotega 3RAAN 3RAAS 2Río San Juan 1
Composición Histórica
Período 1985-1990 Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 61 PCD: 14 Partido Liberal Independiente(PLI): 9 PPSC: 6 MAP-ML: 2 PC de N: 2 PSN: 2
Período 1990-1996 Unión Nacional Opositora (UNO): 51 Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 39 Partido Social Cristián: 1 Movimiento de Unidad Revolucionaria (MUR): 1
Período 1997-2001 Alianza Liberal Nicaragüense: 42 Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 36 Caminos Cristianos Nicaragüenses (CCN):4 Partido Conservador de Nicaragua: 3 Proyecto Nacional (PRONAL): 2 Partido Resistencia Nicaragüense (PRN): 1 Movimiento Renovador Sandinista (MRS): 1 Alianza Unidad: 1 Partido Liberal Independiente (PLI): 1 Acción Nacional Conservadora (ACN): 1 Alianza UNO 96: 1
Período 2002-2006 Partido Liberal Constitucionalista (PLC): 53 Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 38 Partido Conservador de Nicaragua (PC): 1
Período 2006-2011 Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN): 38 Partido Liberal Constitucionalista (PLC): 25 Alianza Liberal Nicaragüense (ALN): 23 Movimiento Renovador Sandinista (MRS): 5 Independiente (Expresidente Enrique Bolaños Geyer): 1
Véxase tamén Ligazóns externas Asemblea Nacional de Nicaragua
Categoría:Nicaragua