Ronald James Padavona, nado en Portsmouth (Nova Hampshire) o 10 de xullo do 1942 e finado en Houston o 16 de maio do 2010, foi un cantante de heavy metal estadounidense, máis coñecido co nome artístico de Ronnie James Dio.
Formou parte das bandas Elf, Rainbow, Black Sabbath, Dio e Heaven and Hell. Foi quen popularizou o xesto dos cornos como parte da simboloxía do heavy metal.Nova do falecemento en Diario Crítico
Traxectoria Adoptou o sobrenome de Dio en homenaxe a un mafioso italiano, Johnny Dio. A súa primeira banda foi Elf, pasando a mediados dos 70 a ser o vocalista de Rainbow, banda do ex-Deep Purple Ritchie Blackmore. Despois de gravar catro álbums con eles intégrase en Black Sabbath ata 1983, empezando nese ano a súa carreira en solitario baixo o nome de Dio. Entre discos, directos, recompilatorios e DVDs saca 28 traballos ao mercado, na que é a etapa máis prolífica da súa carreira musical. No 2007 reúnese con tres antigos compañeiros de Black Sabbath (Tony Iommi, Geezer Butler e Vinny Appice) e xuntos forman Heaven and Hell, denominación coa que gravaron un disco, The Devil you Know, no 2009.
En novembro do 2009 foille diagnosticado un cancro de estómago, falecendo seis meses despois.
Discografía Con Elf Elf (1972) Carolina County Ball (1974) Trying to Burn the Sun (1975) The Gargantuan (1978) The Elf Albums (1991)
Con Rainbow Ritchie Blackmore's Rainbow (1975) Rising (1976) On Stage (1977) Long Live Rock 'n' Roll (1978) Live In Germany '76 (1990)
Con Black Sabbath Heaven and Hell (1980) Mob Rules (1981) Live Evil (1982) Dehumanizer (1992) Black Sabbath: The Dio Years (2007)
Como Dio Holy Diver (1983) Live in Concert (VHS) (1984) Special From The Spectrum (VHS) (1984) The Last in Line (1984) Sacred Heart (1985) Super Rock '85 In Japan (VHS) (1985) Intermission (1986) Sacred Heart "The Video" (1986)/(2004) Dream Evil (1987) Lock Up the Wolves (1990) Diamonds: Best of Dio (1992) Strange Highways (1994) Angry Machines (1996) Anthology (1997) Master Series (1998) Inferno: Last in Live (1998) Magica (2000) The Very Beast of Dio (2000) Anthology, Vol. 2 (2001) Killing the Dragon (2002) Evil or Divine: Live in New York City (DVD) (2003) Stand Up and Shout: The Dio Anthology (2003) The Collection (2003) Master of the Moon (2004) Evil Or Divine: Live in New York City (2005) We Rock (DVD) (2005) Holy Diver Live (2006) Holy Diver Live (DVD) (2006)
Con Heaven and Hell The Devil you Know (2009)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Black Sabbath Dio
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Nova Hampshire Categoría:Nados en Nova Hampshire Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2010