Lempira é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado no occidente desta. Ten unha superficie de 4.228 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 277,910 habitantes.

Limita polo norte cos departamentos de Copán e Santa Bárbara, polo sur coa República do Salvador, polo oeste con Ocotepeque, Copán e O Salvador, e polo leste cos departamentos de Santa Bárbara e Intibucá.

Historia Lempira foi fundado o 28 de xuño de 1825. Antes, este departamento pertencía ao territorio de Gracias como parte da primeira organización territorial de Honduras en 1536. O nome do departamento é un tributo ao heroe indíxena Lempira, orixinario deste lugar.

Economía A economía do departamento de Lempira está asociada á agricultura. Café, millo, arroz e tabaco son, entre outros produtos, parte fundamental das actividades diarias deste departamento.

Municipios Belén Candelaria Cololaca Erandique Gracias Gualcince Guarita La Campa La Iguala Las Flores La Unión La Virtud Lepaera Mapulaca Piraera San Andrés San Francisco San Juan Guarita San Manuel Colohete San Marcos de Caiquín San Rafael San Sebastián Santa Cruz Talgua Tambla Tomalá Valladolid Virginia

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio Web del Departamento de Lempira, Honduras

Lempira