Claude Edward Riley Jr., nado o 8 de setembro de 1960 en Crockett, Texas, é un ex xogador de profesional baloncesto estadounidense que se retirou no ano 2005. Cunha altura de 2,06 metros xogaba na posición de pivote. Foi elixido no Draft da NBA de 1983 polos Philadelphia 76ers no posto 64, con todo nunca chegou debutar nesa competición.

Foi o primeiro xogador da liga ACB en acadar 2.500 rebotes, sendo considerado tamén "histórico" ao superar os 6.000 puntos (o status de "histórico" é outorgado pola Liga ACB aos xogadores capaces de superar certos topes estatísticos). Tamén é o segundo máximo reboteador da historia da ACB con 3.023 rebotes (só por detrás de Granger Hall) e o cuarto en rebotes por partido 9,9. Está considerado un dos mellores "matadores" da historia da ACB.Os 50 mellores matadores

Traxectoria Cottorella Rieti (Serie A2, 1983−1984) CAI Zaragoza (ACB, 1984–1987) Spondilatte Cremona (Serie A2, 1987−1988) Grupo IFA Español (ACB, 1988–1989) Grupo IFA Granollers (ACB, 1989–1990) DYC Breogán (ACB, 1990–1993) Unicaja Polti (ACB, 1993–1994) Salamanca (ACB, 1994-1995)

Logros Segundo máximo reboteador da historia da Liga ACB (3.023) Máximo reboteador da historia da Universidade de Texas A&M (868). Segundo máximo reboteador da historia do Club Baloncesto Breogán (1.137). Terceiro máximo anotador da historia do Club Baloncesto Breogán (2.160). Terceiro máximo reboteador da historia do Club Baloncesto Zaragoza (1.001). Cuarto máximo anotador da historia da Universidade de Texas A&M (1.386). Cuarto máximo anotador da historia do Club Baloncesto Zaragoza (1.386). Cuarto xogador que máis minutos xogou na historia do Club Baloncesto Breogán (3.975). Quinto xogador que máis partidos xogou da Universidade de Texas A&M (121). Décimo xogador que máis partidos xogou do Club Baloncesto Breogán (103).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do xogador na ACB

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados no condado de Houston, Texas Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Zaragoza Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Bàsquet‎‎ Categoría:Xogadores do Granollers EB‎ Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do CB Salamanca