Carlos Gil Gómez, nado o 22 de febreiro de 1968 en Madrid, é un ex xogador profesional de baloncesto español formado na canteira do Cajamadrid. Cunha estatura de 1,85 metros xogaba na posición de base.

Traxectoria Carlos Gil formouse nas categorías inferiores do Colexio San Viator de Madrid, mesmo colexio onde xogaron Juan Antonio Corbalán e Carlos Jiménez, e do Cajamadrid de Alcalá de Henares. Xogador moi precoz, Gil chega a formar parte do primeiro equipo do Cajamadrid con 16 anos. Na primeira temporada no club alcalaíno, o equipo finaliza quinto na Liga ACB e clasificase para disputar a seguinte edición da Copa Korać. Moi diferente é a seguinte temporada, onde o club non pasa da fase de grupos en Europa e descende da ACB após perder no playoff pola permanencia ante o Magia Huesca. As dúas seguintes temporadas seguiría xogando co Cajamadrid en Primeira B.

Na temporada 1988−1989 asina por outro equipo de ACB da Comunidade de Madrid, o Collado Villalba. No equipo da Serra de Madrid, que usou as denominacións de BBV e Atlético de Madrid, xoga catro temporadas até que o equipo desaparece. Posteriormente continúa en ACB da man do Club Baloncesto Breogán de Lugo, onde consegue o récord de asistencias do club nun encontro da máxima categoría con 11, só igualado en 2021 por Trae Bell-Haynes. Tras finalizar a súa etapa en Lugo, asina pola que sería a súa última temporada en ACB co Grupo AGB Huesca (1995−1996). Xogou en ACB un total de 320 encontros cunha media de 6,1 puntos por partido. Reparte 776 asistencias en total para unha media de 2,43 por partido, colacándose entre os 50 maiores asistentes da historia da ACB. En 1997 regresa ao Breogán tras un ano en LEB co Lucentum Alicante. Posteriormente xogaría co Melilla Baloncesto e dúas temporadas máis en LEB 2 e EBA.

Clubs Cajamadrid (ACB / 1ª B, 1984–1988) BBV Villalba (ACB, 1988–1992) Breogán Lugo (ACB, 1992–1995) Grupo AGB Huesca (ACB, 1995–1996) Lucentum Alicante (LEB, 1996−1997) Breogán Lugo (LEB, 1997–1998) Melilla Baloncesto (LEB, 1999-2001) Rayet Guadalajara (LEB 2, 2001−2002) Seminsa Alcalá (EBA, 2002−2003)

Internacional Selección de España Xuvenil. Selección de España sub-22.

Logros Terceiro xogador que máis asistencias repartiu na historia do Club Baloncesto Breogán (261). Xogador que máis asistencias nun partido conseguiu co Club Baloncesto Breogán (11) na Liga ACB xunto con Trae Bell-Haynes.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com

Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CD Cajamadrid Categoría:Xogadores do CB Collado Villalba Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Peñas Huesca Categoría:Xogadores do CB Lucentum Alicante Categoría:Xogadores do Melilla Baloncesto Categoría:Xogadores do CB Guadalajara Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1968