James Lee Donaldson III, nado en Heacham o 16 de agosto de 1957, é un ex xogador de baloncesto inglés, aínda que criado en California, que xogou durante catorce tempadas na NBA, xogando tamén na HEBA, a LEGA e na Liga ACB. Con 2,18 metros de estatura, xogaba na posición de pivote. Foi en 2009 candidato á alcaldía de Seattle e é xunto a Gary Payton un dos impulsores para a volta á NBA dos Seattle SuperSonics.Gary Payton e un ex ACB queren devolver a NBA a Seattle
Traxectoria Xogou durante 4 tempadas cos Cougars da Universidade de Washington State, onde conseguiu os récords aínda vixentes de máis tapóns nun partido, con 8 ante Gonzaga en 1978, e máis tapóns nunha carreira, con 178.
Foi elixido na cuarta rolda do Draft da NBA de 1979, no posto total 73, por Seattle SuperSonics, pero vaise a xogar á liga italiana. Ao ano seguinte incorpórase á disciplina dos Sonics, cos que xoga tres tempadas, antes de ser traspasado a San Diego Clippers. Ao ano seguinte é o equipo o que se traslada de cidade, fixando a súa residencia nos Ánxeles, e alí logrou encabezar a lista de mellor porcentaxe de acerto da liga, cun 63,7 %. Na tempada 1985-86 é de novo traspasado, esta vez a Dallas Mavericks, onde xogou seis tempadas, as máis produtivas da súa carreira. En 1991 é traspasado aos New York Knicks, pero é cortado tras catorce partidos. Asina entón con Utah Jazz, pero só disputa seis partidos no equipo no Salt Lake City.
Decide entón regresar a Europa, concretamente ao Iraklis Thessaloniki da liga grega. Ao ano seguinte asina con Philadelphia 76ers como axente libre, pero non chega a debutar, regresando de novo aos Jazz. Ao ano seguinte firma polo Caja San Fernando da Liga ACB, e nas súas dúas últimas tempadas como profesional, roldando xa os 40 anos de idade, xoga no Snai Montecatini italiano, o Breogán de Lugo e de novo no Iraklis BC grego.Ficha de James Donaldson Tras catorce tempadas na NBA fixo 8,6 puntos e 7,8 rebotes por partido.
Equipos Montanini Siena (1979–1980) Seattle SuperSonics (1980–1983) San Diego Clippers (1983–1984) Los Angeles Clippers (1984–1985) Dallas Mavericks (1985–1992) New York Knicks (1992) Utah Jazz (1993) Iraklis Thessaloniki (1993-1994) Philadelphia 76ers (1994) Utah Jazz (1995) Caja San Fernando (1996-1997) Snai Montecatini (1997) Breogán Universidade (1998) Olympia Larissa (1998-1999) Breogán Universidade (1999)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com Ficha en nba.com/historical Estatísticas de Donaldson na NBA
Categoría:Nados en Norfolk Categoría:Nados en 1957 Categoría:Xogadores de baloncesto de Inglaterra Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do Mens Sana Basket Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos San Diego Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do Iraklis Thessaloniki BC Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán