Para ver artigos doutras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondente
Xosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma (Vigo) o 11 de agosto de 1962, é un lingüista e profesor galego. Foi director da Área de Normalización lingüística e vicerreitor de Extensión Universitaria da UVigo.
Traxectoria Ao rematar os estudos de Filoloxía Hispánica (sección Galego-Portugués) en 1985, foi asesor lingüístico un ano na RG e na TVG. Despois foi profesor na USC, no campus da Coruña.
Entre 1987 e 1994 foi profesor de Lingua Galega nas Escolas de Maxisterio de Pontevedra e Ourense, da Universidade de Vigo. En 1995 doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Aproximación sincrónica e diacrónica o estudio das sibilantes galegas e comezou na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo na que desde 2017 é catedrático de Filoloxía Galega.
Foi director do Departamento de Filoloxía Galega en catro mandatos, director da Área de Normalización Lingüística (2007-2010) e vicerreitor de Extensión Universitaria da UVigo (2010-2014).
As súas liñas de investigación son a Dialectoloxía Galega, a Sociolingüística das linguas minorizadas e a obra xornalística, poética e tradutora de Álvaro Cunqueiro. Deu a coñecer case douscentos poemas inéditos en libro de Cunqueiro, moitos deles “camuflados” como traducións de poemas estranxeiros.
En 1993 foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas. É un dos especialistas na fala do Val do Ellas, na provincia estremeña de Cáceres, sobre a que ten publicado ducias de artigos científicos e catro libros.
Como investigador en linguas minorizadas ten publicado diversos artigos e libros sobre o “Galego exterior” (galego de Asturias, León, Zamora e Cáceres), o aranés, o mirandés, o portugués de Olivença etc.
Ten realizado estadías de docencia e investigación e impartido palestras en universidades do Brasil, Portugal, Italia, os Países Baixos, Bélxica, Irlanda, Alemaña e España.
Colabora coa Mesa pola Normalización Lingüística, é membro da plataforma en defensa da lingua ProLingua, foi o coordinador do exitoso manual de autodefensa lingüística 55 mentiras sobre a lingua galega. No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente para o Seminario de Sociolingüística."A universidade estréase na Real Academia Galega cun 'triplete'". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 20 de xullo de 2012.
É colaborador de Nós Diario, da sección “Voces” na web de ProLingua, de GCiencia. É membro do consello de redacción das revistas Anima+l, Estudios de Sociolingüística e Lingua e Dereito.
Ten artigos en revistas especializadas como Cumieira das Letras, A Trabe de Ouro: publicación galega de pensamento crítico, Madrygal: Revista de estudios gallegos, Revista de filología románica, Limite: Revista de Estudios Portugueses y de la Lusofonía, Boletín da Real Academia Galega, Verba: Anuario galego de filoloxía, Quaderni di semantica: rivista internazionale di semantica teorica e applicata, Grial: revista galega de cultura, Viceversa: revista galega de traducción, Cadernos de lingua e Dorna: expresión poética galega.
Obra
Narrativa
Ao sur da liberdade (2023). Morgante. 234 páxs. ISBN 978-84-19040-14-5. O primeiro libro da triloxía Banu Marwán, a estirpe do galego, unha saga familiar dos séculos VIII-IX. Entre a vontade e o destino (2024). Morgante. 344 páxs. ISBN 9788419040428. O segundo libro da triloxía Banu Marwán, a estirpe do galego, unha saga familiar dos séculos VIII-IX na que desafía os tópicos da historiografía española canónica para integrar o que os novos estudos van descubrindo sobre o papel do Reino da Galiza na altura.
Ensaios
Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia segundo os alumnos da segunda etapa de EXB (1986). Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Política Lingüística. 1000 nomes galegos (1991). Comisión para a Normalizacion Lingüística. The Galician Language in Education in Spain (Friske Akademy 2001 e 2016). Guía das linguas de Europa (2001). Positivas. ISBN 84-87783-65-1. A xente que soña desperta: recolla de achegas á lingua e literatura galega de Asturias (2010). UVigo. ISBN 978-84-8158-456-1. A lingua galega no Eo-Navia, Bierzo Occidental, As Portelas e Calabor e o Val do Ellas: historia, breve caracterización e situación sociolingüística actual (2011). RAG. ISBN 978-84-87987-46-5. O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) (2013). Xerais. ISBN 978-84-9914-557-0. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (2016). Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7. A fala de Vigo. Trazos diferenciais da nosa variedade dialectal (2024). Vigo: Asociación Faladoiros de Vigo, Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Epílogo de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Coordinación 55 mentiras sobre a lingua galega: análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma (2009). Laiovento. ISBN 978-84-8487-172-9. As cantigas de Martín Codax en 55 idiomas (2018). Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-769-2.
Persente i feturo de la lhéngua mirandesa: Studo de ls usos, atitudes i cumpeténcias lhenguísticas de la populaçon mirandesa (2022). Universidade de Vigo. ISBN 9788481589412.
Edicións
Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro (1991). Galaxia. Seis sainetes valverdeiros de Isabel López Lajas (1998). Positivas. Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu XXV cabodano: Cunqueiro en dezasete linguas e variedades faladas na península Ibérica (2006). Universidade de Vigo. ISBN 84-8158-311-1. Con Iago Castro. A un home noso: homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín (2008). Vicerreitoría de Relacións Institucionais Universidade de Vigo. Dona do corpo delgado: Herba aquí e acolá; Outros poemas: poesía 1933-1981 (2011). ISBN 978-84-9865-381-6. Con Iago Castro. Cunqueiro XL. Escolma de poesía traducida de Àlvaro Cunqueiro co adaxo do seu cuadraxésimo cabodano (2021). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. Obra poética mañega de Domingo Frades Gaspar (2023). Editora Regional de Extremadura. Con Ana Alicia Manso Flores.
Obras colectivas
Galego Coloquial (1986). La Voz de Galicia. Dicionario galego de sinónimos (1997). Galaxia. Álvaro Cunqueiro. Poesía 1933-1981 (2011). Galaxia. Con Iago Castro O mundo que teño de meu. Artigos de A.Cunqueiro (1930-1980) (2013). Galaxia. Con Iago Castro. No obradoiro do fabulador. Artigos en galego de A.Cunqueiro no Faro de Vigo (1963-1971) (2017). Galaxia. Con Iago Castro. Escolma de poesía berciana en lingua galega (1860-1960) (2018). Positivas. Con Concepción Álvarez. Caer abrindo círculos pechados: Homenaxe á profesora Amparo Solla (2022). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-933-7.
Premios 1993: Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas foi primeiro premio do Concurso Nacional de Jóvenes Investigadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
"Xosé Henrique Costas. Galicia Exterior" (2012). Instituto de Estudos Miñoranos. En YouTube.
Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1962 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo