Nikolaus von Amsdorf, nado en Torgau en 1483 e finado en Eisenach en 1565, foi un reformador protestante alemán.
Educado en Leipzig e en Wittenberg, en 1502 foi dos primeiros en se matricular na recentemente aberta universidade da cidade, e en 1511 convértese en profesor de teoloxía.
Como Andreas Karlstadt ao comezo foi un defensor da teoloxía escolástica, pero baixo a influencia de Lutero deixa as súas posicións aristotélicas para se achegar a unha teoloxía fundamentada na graza de Santo Agostiño, e converteuse nun dos máis fieis seguidores de Lutero, acompañándoo á conferencia de Leipzig (1519) e á dieta de Worms (1521)
Categoría:Teólogos luteranos Categoría:Nados en 1483 Categoría:Nados en Torgau Categoría:Finados en 1565