1837 (MDCCCXXXVII) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos Primeira liña de ferrocarril en Cuba, colonia española, desde A Habana até o val de Güines, un dos importantes centros de produción zucreira da illa. A novidade tardaría en chegar máis dunha década á metrópole. Comézase a construción da liña ferroviaria entre México e Veracruz.

Nacementos 6 de xaneiro - Juan Lindolfo Cuestas, presidente do Uruguai (m. 1905). 22 de febreiro - Pedro Varela Olivera, presidente do Uruguai (m. 1906). 23 de febreiro - Rosalía de Castro, escritora galega, autora (entre outros escritos) de Follas novas (m. 1885). 15 de marzo - Marcial Taboada de la Riva, médico e político galego (m. 1913). 18 de marzo - Grover Cleveland, presidente dos Estados Unidos (m. 1908). 21 de abril - Fredrik Bajer, escritor e pacifista dinamarqués, Premio Nobel da Paz (m. 1922). 6 de maio - Joaquín Díaz de Rábago, economista e sociólogo galego. 3 de outubro - Nicolás Avellaneda, presidente da Arxentina (m. 1885). 9 de novembro - Antonio López Ferreiro, historiador e escritor (m. 1910). 23 de novembro - Johannes Diderik van der Waals, físico holandés, Premio Nobel de Física (m. 1923). 24 de decembro - Sabela de Wittelsbach, emperatriz do Imperio Austrohúngaro.

Mortes 10 de febreiro - Alexander Pushkin, escritor ruso. 13 de febreiro - Mariano José de Larra, escritor e xornalista español. 19 de febreiro - Karl Georg Büchner, escritor alemán. 31 de marzo - John Constable, pintor británico. 14 de xuño - Giacomo Leopardi, poeta italiano. 22 de setembro - William George Horner, matemático inglés (n. 1786). 10 de outubro - Charles Fourier, filósofo francés (n. 1772)

Outros Historia ano a ano

Categoría:1837