Black Francis, nado o 6 de abril de 1965 como Charles Michael Kittridge Thompson IV, é un cantante, guitarrista e compositor estadounidense. Activo dende 1985, Black é coñecido por ser o líder da influente banda de rock alternativo Pixies, coa cal adoptou o nome de Black Francis. Despois da separación da banda en 1993 comezou unha carreira en solitario co nome Frank Black. Despois de editar dous álbums con 4AD, deixou o selo e formou a banda Frank Black and the Catholics. Reformou Pixies no ano 2004 e continua editando álbums e xirando en solitario, tendo recuperado o seu antigo nome artístico no ano 2007.
Biografía
Mocidade e universidade Charles Thompson naceu en Boston, Massachusetts.Frank, Ganz, 2005. p. 3 O seu pai era propietario dun bar e Thompson viviu nos Ánxeles de bebé porque o seu pai quería "aprender máis sobre o negocio dos restaurantes e bares".Frank, Ganz, 2005. p. 4 Thompson iniciouse na música a unha idade temperá, xa que os seus pais escoitaban folk rock dos 60. A súa primeira guitarra foi a da súa nai, unha guitarra clásica Yamaha mercada coas adeallas do bar do pai, que comezou a tocar aos "11 ou 12" anos.
A familia de Thompson mudouse, primeiro co seu pais, e despois co seu padrasto, un home relixioso que "buscaba inmobles en ámbalas dúas costas"; os seus pais separáronse dúas veces cando estaba no primeiro grao.Sisario, 2006. p. 10 Cando Thompson tiña 12 anos a súa nai e padrasto uníronse a unha igrexa evanxélica ligada á denominación pentecostal Assemblies of God, un movemento que influenciou moitas das súas cancións escritas cos Pixies, que acotío se refiren á Biblia.Sisario, 2006. p. 11
Descobreu a música do cantautor de rock cristián Larry Norman aos 13 anos cando Norman tocou nun campamento relixioso de verán ao que Thompson asistiu. A música de Norman influenciou a Thompson ata o extremo de que titulou o primeiro EP de Pixies e unha letra do tema "Levitate Me" por un eslogan de Norman, "Come on, pilgrim!" Thompson despois describiu a música que escoitaba durante a súa mocidade:<div class="flex">Adoitaba saír con algúns inadaptados. [...] Eramos os rapaces 'que escoitamos música estraña'. Non pasaba o rato en concertos para todas as idades ou intentaba entrar en clubs para ver bandas, e mercaba discos en tendas de discos de segunda man e pedíaos prestados na biblioteca. Ti só vías discos de Emerson, Lake & Palmer. Polo que non coñecía a música [punk] pero comecei a escoitar sobre ela no instituto. Pero probablemente foi algo bo que non a coñecese, que no seu lugar escoitase moitos discos dos 60 e esa música relixiosa.
Thompson viviu nun apartamento en Marblehead, Massachusetts. Xusto antes do seu derradeiro ano de instituto a súa familia mudouse a Westport, Massachusetts, onde recibiu o premio Teenager of the Year (adolescente do ano en galego, título que recibiría posteriormente un dos seus álbums).Frank, Ganz, 2005. p. 5 Durante ese tempo Thompson compuxo varias cancións que apareceron posteriormente durante a súa carreira, incluídas "Here Comes Your Man" de Doolittle, e "Velvety Instrumental Version".Sisario, 2006. p. 88
Tras graduarse do instituto en 1983, Thompson estudou na Universidade de Massachusetts Amherst, especializándose en antropoloxía. Thompson compartiu habitación cun compañeiro durante un semestre antes de mudarse co futuro guitarrista de Pixies Joey Santiago.Frank, Ganz, 2005. p. 9 Os dous compartían interese pola música rock e Santiago ensinoulle a Thompson o punk dos 70 e a música de David Bowie, comezando a improvisar xuntos. Nesa época Thompson descubriu a The Cars, unha banda que describiu como "moi influente para min e para os Pixies".Frank, Ganz, 2005. p. 10
No seu segundo ano de universidade Thompson realizou unha viaxe a San Xoán, Porto Rico, como parte dun programa de intercambio. Pasou seis meses nun apartamento cun "compañeiro de piso estraño e psicópata", que posteriormente inspirou a canción dos Pixies "Crackity Jones";Sisario, 2006. p. 12 moitas das primeiras cancións da banda falan das experiencias de Thompson en Porto Rico. Thompson non conseguiu aprender a falar español formalmente e deixou os seus estudos despois de debaterse entre ir a Nova Zelandia a ver o cometa Halley (despois diría que "parecía o máis romántico que podía facerse nese momento"), ou comezar unha banda de rock. Escribiu unha carta urxindo a Santiago, coas palabra "temos que facelo, agora é o momento, Joe",Frank, Ganz, 2005. p. 12 para unirse a el nun grupo cando regresase a Boston.Frank, Ganz, 2005. p. 11
Pixies
Pouco despois de regresar a Massachusetts, Thompson deixou a universidade e mudouse a Boston con Santiago. O ano 1985 pasouno traballando nun almacén, "encargándose de botóns de osiños de peluche", compoñendo cancións coa súa guitarra acústica e escribindo letras no metro. En xaneiro de 1986 Thompson formou Pixies con Santiago. A baixista Kim Deal foi recrutada unha semana despois a través dun anuncio clasificado nun xornal de Boston que solicitaba un baixista "cara Hüsker Dü e Peter, Paul and Mary". O batería David Lovering foi contratado posteriormente pola recomendación do marido de Deal.Frank, Ganz, 2005. p. 18
En 1987 Pixies publicou unha cinta demo de 18 temas, comunmente referida como The Purple Tape. O pai de Thompson financiou á banda, prestándolles 1 000 dólares para gravar a cinta; Thompson dixo despois que o seu pai "non estivo presente durante moitos dos meus anos mozos, así que creo que estaba facendo o mellor posible para recuperar o tempo perdido".Sisario 2006. p. 16 The Purple Tape levou a un contrato discográfico co selo independente inglés 4AD. Para o lanzamento do miniálbum Come On Pilgrim, Thompson adoptou o alias "Black Francis", un nome inspirado polo seu pai: "gardara ese nome no caso de que tivese outro fillo".Sisario 2006. p. 18
En 1988 Pixies gravou o seu álbum de estrea Surfer Rosa. Thompson compuxo e cantou todos os temas coa excepción do sinxelo "Gigantic", coescrito e cantado por Deal. Para promover o disco a banda realizou unha xira europea durante a cal Thompson coñeceu a Eric Drew Feldman, que posteriormente colaboraría cos Pixies e nalgúns dos seus álbums en solitario. Doolittle, con cancións de Thompson como "Debaser" e "Monkey Gone To Heaven", publicouse o ano seguinte coa aclamación xeneralizada da crítica. Porén, nesa época, as tensións existentes entre Thompson e Deal, combinadas co cansazo, fixeron que o grupo anunciase un hiato.Frank, Ganz, 2005. p. 132 Thompson ten medo a voar e pasou esa época conducindo a través dos Estados Unidos coa súa moza, Jean Walsh (que coñecera nos primeiros tempos da banda),Frank, Ganz, 2005. p. 25 realizando concertos en solitario co obxectivo de conseguir cartos para mercar mobles para o seu novo apartamento nos Ánxeles.
A banda volveu á actividade en 1990 e gravou dous álbums máis: Bossanova ese mesmo ano e Trompe le Monde en 1991, sendo este último a primeira colaboración de Thompson con Feldman. Os últimos discos de Pixies caracterizáronse por unha maior influencia de Thompson na obra da banda, ademais de centrarse en temas de ciencia ficción, como aliens e OVNIs. Thompson continuaría explorando esa temática nos seus primeiros traballos en solitario. Trompe le Monde inclúe a canción "U-Mass", sobre a universidade á que asistiu, e a parte de teclados tocada por Feldman significou un afastamento do rock alternativo do grupo. Aínda que Deal aportara as cancións "Gigantic" (de Surfer Rosa) e "Silver" (de Doolittle), a partir de Bossanova Thompson compuxo todo o material orixinal de Pixies. Este feito aumentou a tensión que xa había entre os dous e o grupo separouse en 1992, aínda que non se anunciou ata principios de 1993.Frank, Ganz, 2005. p. 173
Primeira etapa en solitario miniatura|250x250px|Black Francis cos Pixies no Primavera Sound de Porto en 2014 Mentres Trompe le Monde estaba sendo gravado Thompson tivo conversas co produtor do disco, Gil Norton, sobre un posible álbum en solitario. Díxolle a Norton que estaba ansioso por gravar novamente, incluso a pesar de que non tiña material novo; como resultado decidíronse por un álbum de versións. Porén, cando Thompson visitou outra vez un estudio en 1992 tiña "moitas cancións e fragmentos musicais".
Colaborou con Feldman para gravar material novo, comezando con baixando o número de versións a só unha, "Hang On to Your Ego" de The Beach Boys. Feldman converteuse no produtor do álbum e tocou os teclados e o baixo en varios temas, con Santiago tocando a guitarra solistaFrank, Ganz, 2005. p. 187-8 e Nick Vincent a batería. Francis gravou o disco durante os histos e a separación de Pixies a finais de 1992 e principios de 1993. Despois adoptou o nome artístico "Frank Black" e publicou o resultado como Frank Black en marzo de 1993. Frank Black caracterizábase por centrarse en OVNIs e ciencia ficción, aínda que tamén exploraba outros temas, como no tema "I Heard Ramona Sing", aque falaba sobre os Ramones. O álbum tiña un estilo semellante, tanto musical como liricamente, a Bossanova e Trompe le Monde dos Pixies. Feldman posteriormente dixo que ese primeiro disco conectou a súa carreira en solitario con Trompe le Monde, "pero ao mesmo tempo é unha illa, como nada que [Black] fixera".Frank, Ganz, 2005. p. 188
O ano seguinte Black publicou seu segundo álbum en solitario, un disco dobre de 22 cancións titulado Teenager of the Year. Teenager incluía o tema "Headache" que tivo un éxito moderado nas listas alternativas; os críticos describiron a canción como "pop irresistible". A produción de Teenager of the Year foi bastante distinta á de Frank Black; no anterior álbum usáronse modelos MIDI para compoñer as cancións, pero en Teenager Black mostrou as partes individuais aos membros da banda, formada por Vincent na batería e Lyle Workman na guitarra solista. Feldman destacou que a forma de compoñer de Thompson volvérase "moito máis espontánea" durante a gravación do traballo. Thompson comezara a desviarse do seu estilo cos Pixies, escribindo cancións que abarcaban distintos xéneros e temas.
Tanto Frank Black como Teenager of the Year foron moi ben recibidos pola crítica, aínda que só gozaron dun éxito comercial limitado. En 1995 Thompson desixou os selos 4AD e Elektra. En 1996 lanzou The Cult of Ray a través da discográfica de Rick Rubin American Recordings; o álbum afastouse da elaborada produción dos seus primeiros traballos e gravouse principalmente ao vivo, con só uns poucos engadidos a maiores. A banda para este disco aparecía novamente Lyle Workman na guitarra solista, xunto co baixista David McCaffrey e o batería Scott Boutier. Aínda que o disco non tivo éxito comercial e da crítica, o seu enfoque simplista definiría cada vez máis os métodos de traballo de Thompson dos seus seguintes anos.
Frank Black and the Catholics miniatura|249x249px|Thompson en 2010 Thompson bautizou á súa nova banda "Frank Black and the Catholics" e gravou o seu primeiro álbum epónimo en 1997. Gravado ao vivo en dúas pistas inicialmente só como unha simple demo, quedou tan satisfeito co resultado que decidiu publicar as sesións sen engadirlle máis produción. O álbum atrasouse durante un ano por conflitos con American, tanto internos como con respecto á produción, e finalmente apareceu a finais de 1998 a través de SpinArt Records nos Estados Unidos. Dende que deixou American, Black evitou contratos longos con discográficas e mantivo a propiedade dos másters dos seus traballos, licenzando individualmente cada álbum para o seu lanzamento.
Frank Black and the Catholics converteuse no primeiro álbum publicado polo servizo eMusic; a compañía afirma que é "o primeiro álbum dispoñible legalmente para descarga comercial". A recepción da crítica foi variada, destacando algúns escritores o aparente afastamento deliberado de Thompson da "rareza" dos Pixies e dos seus primeiros traballos en solitario cara a un enfoque consciente e directo, e destacando tamén "o decepcionante punk-pop sinxelo" presente no disco.