Harper Terry Williams, nado o 25 de maio de 1971 en Bridgeport, Connecticut, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para Lobos Grises de la UAD da Liga Nacional de Baloncesto Profesional mexicana. Formado na Universidade de Massachusetts mide 2,01 metros, pesa 120 kg e xogaba na posición de pivote.
Traxectoria Nacido en Bridgeport, Connecticut (Estados Unidos) o 25 de maio de 1971 é un xogador de grande experiencia que durante a súa carreira xogou para varios equipos históricos da ACB tales como o TDK Manresa, Estudiantes ou Breogán ademais de participar nas ligas grega, francesa ou italiana. Entre o seu palmarés destacan o tres títulos que conseguiu a tempada 1999-2000, cando defendía as cores do CSP Limoges galo: a liga e copa francesas e a Copa Korać. En España o seu logrou máis importante foi o proclamarse campión da Copa do Rei 1995-96 mentres militaba no TDK Manresa.
Con 2,01 metros de estatura, Williams sempre ocupou a posición de pivote e aínda que agora é un xogador sobrio e efectivo, durante a súa mocidade foi un portento físico tal como demóstrao o premio a Xogador Máis Espectacular da liga ACB 1993-94 que lle concedeu a revista "Gigantes del Basket" cando prestaba os seus servizos no Elmar León. A tempada 2008-09 iniciouna nas filas do Cáceres 2016 da LEB Ouro, equipo ao que chegara mediada a tempada anterior na LEB Prata. Trala disputa de tan só tres xornadas é apartado do equipo por presuntos motivos disciplinarios,Cáceres 2016 aparta do equipo a Harper Williams o que lle levou a fichar polo Lobos UAD de Durango, da LNBP mexicana.Harper Williams ficha polos Lobos Grises mexicano
Clubs 20px|border|NCAA UMass Minutemen (1989-1993) 20px|border|ACB Elmar León (1993–1994) 20px|border|ACB Estudiantes Caja Postal (1994–1995) 20px|border|ACB TDK Manresa (1995–1996) 20px|border|ACB Estudiantes Caja Postal (1996–1997) 20px|border|ACB León Caja España (1997–1999) 20px|border|LNB CSP Limoges (1999–2000) 20px|border|HEBA Panionos (2000–2001) 20px|border|LEGA Fillattice Imola (2001–2002) 20px|border|ACB Ricoh Manresa (2002–2005) 20px|border|ACB Gran Canaria (2005–2006) 20px|border|LEB Leite Río Breogán (2006–2007) 20px|border|LEB Prata Cáceres 2016 (2007–2009) 20px|border|LNBP Lobos Grises de la UAD (2009) 20px|border|CBB Franca Basquetebol Clube (2009-2010)
Palmarés Clubs Unha Copa Korać (2000) Unha Ligue Nationale de Basketball (2000) Unha Copa de Francia (2000) Unha Copa do Rei (1996)
Individual Unha vez Xogador máis espectacular da ACB (1994) Unha vez Máximo taponador da ACB con 46 tapóns, 1,77 por partido (2003)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com Ficha en feb.es Ficha en legabasket.it
Categoría:Nados no condado de Fairfield, Connecticut Categoría:Nados en 1971 Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Baloncesto León Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do CSP Limoges Categoría:Xogadores do Panionios BC Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto