Non confundir co asteroide chamado 1809 Prometheus.

Prometeo (en grego Προμηθέας) é unha lúa interior de Saturno. Foi descuberta en outubro de 1980 (algúns días antes do 25 de outubro) a partir de imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, e foi designada provisionalmente coma .IAUC 3532: Satellites of Saturn 31 de outubro de 1980 (descubrimento) A finais de 1985 recibiu o nome oficial de Prometeo, un Titán da mitoloxía grega.IAUC 4157: Satellites of Saturn and Pluto 3 de xaneiro de 1986 (bautizando a lúa) Tamén é coñecida coma .

Esta pequena lúa é extremadamente alongada, cunhas dimensións de 119 x 87 x 61 kms. Ten varias cristas, vales e un bo número de cráteres que poden acadar 20 kms de diámetro, con todo ten menos cráteres cás súas lúas veciñas Pandora, Epimeteo e Xano. A partir da súa baixa densidade e albedo relativamente alto, pódese deducir que Prometeo é un corpo xeado moi poroso.

Prometeo actúa coma lúa pastor da parte interior do anel F. Imaxes recentes tomadas pola sonda Cassini amosa que a gravidade de Prometeo crea ondas e regueiros de material no anel F, coma se a lúa lle roubase algo de material ó anel. A órbita de Prometeo é caótica, coma consecuencia da resonancia orbital con Pandora. Os cambios máis apreciables ocorren aproximadamente cada 6,2 anos, cando a periapse de Pandora coincide coa apoapse de Prometeo, no momento en que as lúas se aproximan entre elas a uns 1400 kms. Prometeo tamén está visiblemente perturbada por Atlas.

Galería multimedia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Saturno Pandora

Ligazóns externas

Prometheus Profileat NASA's Solar System Exploration site The Planetary Society: Prometheus 3-D imaxe en 3d de Prometeo

Categoría:Lúas de Saturno