Erich Hugo Günther Przybyllok, nado en Tarnowskie Góry o 30 de xuño de 1880 e finado en Colonia o 11 de setembro de 1954, foi un astrónomo alemán.
Traxectoria Doutorouse en 1904 en Breslau, foi despois Axudante no observatorio astronómico de Breslau, Königsberg, Heidelberg e Bonn, de 1909 a 1910, e de 1914 a 1921 colaborador do Preußischen Geodätischen en Potsdam. Formou parte en calidade de astrónomo e de experto en xeomagnetismo na segunda expedición alemá ao Polo Sur (1911–1912) con Wilhelm Filchner. Desde 1921 impartiu docencia como Profesor na Universidade de Königsberg e dirixiu o seu observatorio ata a súa destrución en 1944. Despois da segunda guerra mundial pertenceu ao corpo docente da Universidade de Colonia.
Véxase tamén Bibliografía P. Labitzke: E. Przybyllok †, Sterne, 23-24, 1955.
Ligazóns externas Bibliografía sobre Erich Przybyllok no Katalog der Deutschen Nationalbibliothek
Categoría:Astrónomos de Alemaña Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Nados no voivodato de Świętokrzyskie