Apple Inc. (antes, Apple Computer, Inc.) é unha compañía informática norteamericana con sede en Cupertino (California), fundárona Steve Jobs e Stephen Wozniak o 1 de abril de 1976. Apple contribuíu a popularizar a informática nos 70 co seu Apple II e nos 80 co Macintosh. Na actualidade posúe o 5% do mercado mundial dos ordenadores.

Historia Inicio (1976-1980) esquerda|miniatura|Apple I, primeiro produto de Apple, foi vendido como unha placa de circuíto montado e carecían das características como un teclado, monitor e caixa. O propietario desta unidade engadiu un teclado e a caixa de madeira. Apple fundouse o 1 de abril de 1976 por Steve Jobs, Steve Wozniak e Ronald Wayne, para vender o Apple I un kit de ordenador persoal. Os kits foron feitos a man por Wozniak e amosados por primeira vez ao público no Homebrew Computer Club. O Apple I foi vendido como unha placa base (con CPU, RAM, e os chips básicos), menos do que se considera actualmente unha computadora persoal completa. O Apple I saíu á venda en xullo de 1976 e vendíase por un prezo de 666,66 dólares (equivalentes a 2.723 dólares de 2012, axustado pola inflación). O Apple I, foi o primeiro produto de Apple, foi vendido como unha placa de circuíto montado e carecía das características básicas como un teclado, monitor e caixa. O propietario da unidade engadía un teclado e unha caixa de madeira.

Apple foi presentado o 3 de xaneiro de 1977 sen Wayne, que vendera a súa parte da empresa de novo a ​​Jobs e Wozniak por 800 dólares. O multi millonario Mike Markkula proporcionou a súa experiencia empresarial esencial e a financiamento de 250.000 dólares para incorporarse a Apple.

O Apple II foi presentado o 16 de abril de 1977 na primeira Feira de Informática da Costa Oeste. Diferenciábase dos seus principais rivais, o TRS-80 e o Commodore PET, xa que viña con gráficos e caracteres en cor e unha arquitectura aberta. Namentres que os primeiros modelos utilizaban cintas de casete ordinarias como dispositivos de almacenamento, que foron superados pola introdución dunha disqueteira de 5 1/4 polgadas.

O Apple II foi elixido para ser a plataforma de escritorio para a primeira aplicación comercial do mundo dos negocios o VisiCalc, programa como folla de cálculo. VisiCalc creou un mercado de negocio para o Apple II, e déuselles aos usuarios domésticos unha razón adicional para mercar un Apple II a compatibilidade coa oficina. De acordo con Brian Bagnall, Apple exaxeraba as súas cifras de vendas e foise distanciando en terceiro lugar de Commodore e Tandy ata que VisiCalc chegou.

A finais da década de 1970, Apple tiña un cadro de deseñadores de computadoras e unha liña de produción. A compañía presentou o fracasado Apple III en maio de 1980 nun intento de competir con IBM e Microsoft no negocio e mercado da informática empresarial.

Jobs e varios empregados de Apple incluíndo Jef Raskin visitaron Xerox PARC en decembro de 1979 para ver o ordenador Xerox Alto. Xerox deulles acceso tres días ás instalacións de PARC, a cambio de accións. Jobs convenceuse inmediatamente de que tódolos ordenadores do futuro empregarían unha interface gráfica de usuario (GUI) como o que tiña Xerox e que desenvolveu para o novo Apple Lisa.

En 1980, Apple saíu a bolsa, o que xerou máis capital que calquera saída a bolsa desde que Ford Motor Company en 1956 e de inmediato a creación de máis millonarios (ao redor de 300) que calquera outra compañía na historia.

O formato máis usado como nativo por Apple é .ipaminiatura|200px|Apple III Computer. miniatura|200px|iMac con procesador Intel. Produtos Mac iMac Power Mac Mac Pro MacBook MacBook Pro Mac mini PowerBook iBook iPod iPod classic iPod mini iPod nano iPod shuffle iPod touch Apple Cinema Display Xserve AirPort iPhone iPad Apple TV ApplePay AppleWatch

Software macOS iLife iTunes Final Cut Studio iWork QuickTime Logic Shake Boot Camp Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Apple

Categoría:Apple Inc.