miniatura|Mosteiro de Santa María de Sobrado fundado polos condes Hermenegildo Alóitez a súa esposa Paterna Gundesíndiz. Hermenexildo Aloitez ou Hermenexildo Alvitez, con data de nacemento descoñecida e finado no Sobrado o 10 de decembro do ano 966,La fundación del monasterio de san Salvador de Cines de José Luis López Sangil ; cita :"El conde don Hermenegildo vivía en 959 como monje en Sobrado, y antes del 10 de diciembre de 966 había fallecido." (consultado 0 30/05/2010.° foi un aristócrata galego do século X, conde de Présaras entre o 920 e o 966.
Orixe familiar Hermenexildo era membro dunha familia moi relevante con vínculos coa coroa e coa igrexa. Seu pai foi o conde Aloito Guterrez. Un dos seus tíos paternos foi Hermenexildo Guterrez, conde de Tui que loitou contra os exércitos musulmáns e conquistou Porto e Coímbra e quen ademais foi pai da raíña Elvira Menéndez (muller do rei Ordoño II), avó de san Rosendo, de Adosinda Guterrez (muller do rei Ramiro II de León) e do conde Osorio Gutiérrez, fundador do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá.
Súa nai foi Arxilo Aloitez, filla dos condes Aloito e Paterna, fundadores do Mosteiro de San Salvador de Cis.
Hermenexildo tivo tres irmáns: Gundesindo Aloitez, bispo de Iria Flavia, Arias, e o conde Gutierre Aloitez.
Traxectoria
Foi nomeado conde de Présaras cara ao ano 920, chegando a ser mordomo real de Ramiro II, entre os anos 937 e 949.
O conde Hermenexildo e a súa esposa Paterna, aparecen en tres ocasións (entre 930 e 952) nos Tombos de Sobrado presidindo a asemblea de xustiza do Condado. miniatura|Igrexa de Santa María de Mezonzo, Vilasantar. Frogia e a súa muller enfrontáronse con Teverano e a súa. Houbo berros e paus. Frogia e a súa esposa foron condenados polas feridas causadas a quen seguramente eran os seus veciños; tiveron que presentarse diante de Hermenexildo e Paterna -in presentia uestra et iudicium- en Sobrado. As lesións deberon ser mais que leves, porque foron tasadas pola xustiza en dez bois, dos que os condenados só puideron entregar o equivalente a seis. O asunto (...) rematou coa incorporación o patrimonio de Hermenexildo e Paterna, convertidos en depositarios dos dereitos de Teverano, das partes das plantacións que nas villae de Ricilani e Gunderedi pertencían a Frogia e a súa esposa.
No 952, xunto coa súa esposa Paterna, fundou o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes e outorgou coa súa esposa o privilexio fundacional ao primeiro abade, o presbítero Sentario páxina 121.. No 958, o matrimonio traspasou o condado de Présaras ao mosteiro que fundara. Este mosteiro foi herdado polos seus descendentes da Casa de Traba e case dous séculos despois, en xaneiro de 1142, dous dos membros máis destacados desta liñaxe, Fernán e o seu irmán Bermudo Pérez de Traba, entregaron o mosteiro aos monxes cistercienses.
Ao final da súa vida, a partir do ano 958 retirouse e viviu como monxe ata a súa morte antes do 10 de decembro do 966.
Matrimonio e descendencia Casou con Paterna Gundesindez, filla de Gundesindo e Senior, e falecida antes do ano 955. Xa no 916 aparece con ela adquirindo algunhas propiedades.
Deste matrimonio naceron os seguintes fillos:
Sisnando Menéndez, bispo de Iria Flavia. Foi desposuído das súas prerrogativas reais a favor de Rosendo de Celanova debido ao seu enfrontamento co rei Sancho I de León, aínda que despois recuperounas. Morreu no 968 loitando contra os invasores normandos liderados por Gunrod. Rodrigo Menéndez, duque e dono do castelo de Aranga e esposo da condesa Elvira Aloitez. Un fillo deste matrimonio, o conde Gutierre Rodríguez de Aranga, casou con Gundesinda e foron os pais de Ilduara Gutiérrez, nai de Elvira de Faro, a esposa do conde Froila Vermúdez, pais de varios fillos, entre eles o conde Pedro Froilaz de Traba. É a través deste matrimonio que o mosteiro de Sobrado, foi herdado polos irmáns Bermudo e Fernán Pérez de Traba. Unha filla, cuxo nome se descoñece, que puido ser a muller de García Íñiguez. En 984, unha posible filla deste matrimonio, Ximena Garcés, menciona nun documento do mosteiro de Sobrado a seus pais e a seus tíos maternos, Rodrigo e Sisnando.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos A Galicia altomedieval
Categoría:Finados en 996 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nobres de Galicia do século IX Categoría:Nobres de Galicia do século X