Calipso (ou en grego Καλυψώ) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta en 1980, a partir de observacións terrestres, por Dan Pascu, P. Kenneth Seidelmann, William A. Baum, e Douglas G. Currie, e recibiu a designación provisional de .IAUC 3496: Satellites of Saturn 31 de xullo de 1980 (descubrimento) Nos meses posteriores quedarían rexistradas varias aparicións máis, coas súas designacións temporais incluídas: , ,IAUC 3549: Satellites of Saturn 11 de decembro de 1980 ,Satellites of Saturn 18 de maio de 1981 e .IAUC 3593: Satellites of Saturn 16 de abril de 1981 En 1983 recibiría oficialmente o nome de Calipso, procedente da mitoloxía gregaTransactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirmación de Xano, nome de Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en Satellites of Jupiter and Saturn, 30 de setembro de 1983). Tamén é coñecido coma ou Tetis C.
Calipso é unha lúa co-orbital de Tetis, e está situada no punto de Langrage de cola (retagarda) de Tetis (L5), 60 graos por detrás de Tetis. Está relación foi identificada por primeira vez por Seidelmann e o seu equipo en 1981. A lúa Telesto reside no outro punto de Langrage (no de vangarda) de Tetis (L4), 60 graos por diante de Tetis. Calipso e Telesto son tamén coñecidas polo termo "Troianos de Tetis", por analoxía cos asteroides Troianos, hai outras dúas lúas troianas máis no sistema de satélites de Saturno, Polideuco e Helena, que son troianas de Dione.
Coma outros satélites pequenos de Saturno, Calipso é de forma irregular, cuberta de cráteres e semella que perdeu parte do material da súa superficie, xa que moitos cráteres amosan un revelo moi suave. A súa superficie é unha das de maior poder de refracción (en lonxitudes de onde visible) dentro do Sistema Solar, cun albedo xeométrico de 1,34. p. 815 (material con soporte en liña, táboa S1) Este alto albedo é o resultado do pulido de chorro de area feito polas partículas do anel E, un anel feble, composto principalmente de particulas de xeo de auga xeradas polos geysers do polo sur de Encelado .New Close-Ups of Saturn’s Moons Mimas and Calypso
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Saturno Tetis Telesto
Ligazóns externas
Calypso Profileby NASA's Solar System Exploration The Planetary Society: Calypso Animación con fotos tomadas pola Cassini o 12-02-2010
Categoría:Lúas de Saturno