John Flaxman, nado o 6 de xullo de 1755 en York e finado o 7 de decembro de 1826, foi un escultor, ilustrador e debuxante inglés. Tivo un papel moi destacado no movemento neoclásico en Inglaterra.

Traxectoria Estudou na Royal Academy School de Londres. No período entre 1775 a 1787 realizou para o reputado ceramista Josiah Wedgwood delicados relevos decorativos, inspirados en vasos e vasillas gregas e romanas. Dende 1787 até 1794 Flaxman viviu en Roma, onde produciu en 1973 debuxos con gran finura nas súas liñas de temas épicos dos poemas homéricos A Ilíada e A Odisea.

Regresou a Londres en 1794, realizando notables ilustracións do antigo dramaturgo grego Esquilo e unha serie inspirada no Inferno do Dante. Tamén esculpiu numerosos monumentos, entre os que se destacan o de William Murray, Primeiro earl de Mansfield (1801; na Abadía de Westminster).

Véxase tamén

Ligazóns externas Información da National Portrait Gallery John Flaxman 1755?1826: Mestre das liñas puras World of Dante Galería de ilustracións de Flaxman da Divina Comedia no Mundo do Dante.

Flaxman John Categoría:Escultores do século XIX Categoría:Escultores do Reino Unido Categoría:Nados en 1755 Categoría:Finados en 1826 Categoría:Nados en York