A tempada 2009-2010 foi a 31ª tempada do H.C. Liceo na OK Liga de xeito consecutivo e dende a súa fundación en 1972. Esta tempada será lembrada por tódolos seareiros verdibrancos polo reencontro do club cos títulos, logo de conseguir a súa 3ª Copa CERS.
Equipo 10 Jaume Llaverola 3 Josep Lamas 4 Joan Manuel Grasas 5 Jesús Gende 6 Martín Payero 77 Ricardo Barreiros 7 Pablo Álvarez 9 Jordi Bargalló 8 Marc Gual 1 20px Adrián Vallina
Adestrador: Carlos Gil Axudante do adestrador: Ramón Canalda Preparador físico: Óscar Viana González
Altas Carlos Gil (Vigo Stick) Ricardo Barreiros (SL Benfica) Marc Gual Reus Deportiu
Baixas José Querido Juventude de Viana Reinaldo García FC Barcelona
Clasificacións Campión do VIII Torneio José Eduardo dos Santos en Luanda (Angola). Campión da II Copa Galiza fronte ao CP Cerceda e o Vigo Stick. Eliminado nas semifinais da Copa do Rei polo C.P. Vilanova por 3-4, nun partido que gañaba a falta de dous minutos para o final, cando o Vilanova anotou dous goles que lle darían o pase á final fronte ao CP Vic e deixarían novamente aos liceístas ás portas dunha final de Copa e rematando coas esperanzas de alzar a 10ª Copa do Rei do club galego. Campión da Copa CERS 2010 gañando na final por 7-2 ao Blanes HC en Torres Novas (Portugal) logo de superar a un ultradefensivo Igualada HC por 2 goles a 1 na primeira semifinal da Final a Catro disputada na localidade lusa. O Liceo perdeu un único partido fronte ao UD Oliveirense na súa visita a Oliveira de Azeméis (Portugal) por 4-3 no partido de ida dos cuartos de final, remontando logo o marcador na Coruña cun 5-1. Subcampión da OK Liga por detrás do FC Barcelona con 72 puntos (4 menos que os azulgranas), logo de encabezar a clasificación durante boa parte dunha tempada na que ademais tan só cederon tres puntos na casa. A liga decidiuse no Pazo dos Deportes de Riazor cando na xornada 28 o Barcelona, que chegaba cun punto de vantaxe sobre os coruñeses, venceu por un 0-5 que non fixo xustiza ao xogo realizado por uns e outros, nun partido no que os árbitros se alzaron como os grandes protagonistas deixando xogar aos cataláns fora do regulamento, o que deixou a liga practicamente decidida a falta de dúas xornadas.
Goleadores OK Liga Pablo Álvarez: 43 goles Jordi Bargalló: 36 Josep Lamas: 24 Ricardo Barreiros: 21 Marc Gual: 18 Martín Payero: 11 Jesús Gende: 4 J.M. Grasas: 2
Copa do Rei Pablo Álvarez: 3 goles Jordi Bargalló: 2 Ricardo Barreiros: 1 Josep Lamas: 1
Copa CERS Marc Gual: 11 goles Josep Lamas: 9 Pablo Álvarez: 8 Jordi Bargalló: 5 Ricardo Barreiros: 5 Martín Payero: 3
Galardóns individuais Marc Gual: elixido como mellor xogador da OK Liga. Pablo Álvarez: pichichi da OK Liga xunto con Toni Pérez (CP Cerceda) Marc Gual: premiado polo CSD coa medalla de bronce da "Real Órden del Mérito Deportivo " pola súa traxectoria xunto con Josep María Ordeig (FC Barcelona) e Marc Torra (CP Vic). Pablo Álvarez: mellor xogador da OK Liga segundo Solohockey.net, ademais os tamén liceístas Jaume Llaverola, Marc Gual e Jordi Bargalló formaron parte do "Top 10", formando parte do mellor quinteto da Liga Pablo Álvarez e Marc Gual.
Véxase tamén Outros artigos Tempada 2009-2010 da OK Liga Copa do Rei 2010 Copa CERS 2010
Categoría:Tempadas do H.C. Liceo