O baixo alemánico é un idioma clasificado por Karl Bohnenberger no 1924 en dous subgrupos, o baixo alemánico do lago Constanza e o baixo alemánico do Rin superior. As súas variedades só son parcialmente intelixíbeis cos falantes non alemánicos.
Subdivisións Baixo alemánico do lago Constanza Norte de Vorarlberg Dialecto de Allgäu Dialecto de Baar Sur de Württemberg Baixo alemánico do Rin superior Dialecto de Basilea Dialectos de Baden ao norte de Markgräflerland Alsaciano, falado en Alsacia e por algúns amish en Indiana Dialectos de baixo alemánico da Selva NegraNoble, Cecil A. M. (1983). Modern German dialects New York [u.a.], Lang, p. 67/68 Dialecto de Colonia Tovar, en Venezuela Colonia Tovar dialect, Venezuela
Dispersión Os dialectos baixo alemánicos fálanse principalmente nas zonas ao norte da isoglosa k/ch AFI [k] e [kx] en vez do fricativo [x] en alto alemánico.
Outro xeito que pode ser usado para establecer a isoglosa (k/ch) e separar o baixo do alto alemánico é a diferenza de ii/üü AFI [iː]/[yː], por exemplo a palabra casas Hiiser/Hüüser, tamén ratos Miis/Müüs e piollos Liis/Lüüs, pero esta isoglosa ii/üü tamén chamada barreira-Sundgau-lago Constanza é unha liña problemática porque ten excepcións, por exemplo en Sundgau (alto alemánico) dise ao lume Fiir en vez de Füür, en Vorarlberg (baixo alemánico) dise Füür como en alto alemánico, isto, para que se entenda, ii é normal en baixo alemánico e üü normal en alto alemánico.
Ao norte da isoglosa atópanse en Francia, Alsacia (menos o sueste do Sundgau que pertence ao alto alemánico), en Alemaña Ortenau, Baar, a maoiría do Brisgau, o territorio posterior ao lago Constanza, Constanza, Algoia, en Austria a maior parte de Vorarlberg, e case todo Liechtenstein, en todos estes sitios chámaselle Kind ao neno ou nena agás de Chind.
En Suíza o dialecto de Basilea é unha illa baixo alemánica nun ámbito alto alemánico. Fálase tamén baixo alemánico nuns anaquiños ao nordés de Sankt Gallen e Appenzell, tamén nuns 4 concellos no cantón Grisóns, entre os que se atopa a capital (Coira).
En Venezuela fálase en Colonia Tovar (con mesturas do castelán) unha variante do dialecto de Baden de Kaiserstuhl.
Fonoloxía (Todo o recollido nas táboas inferiores é específico para os dialectos falados preto de Friburgo).
Vogais: Curtas Longas Ortografía Pronuncia Ortografía Pronuncia a aa ä ää è èè e ee i ii o oo ù ùù u uu y yy
Consoantes: Son como as do alemán estándar agás polas seguintes aclaracións: kh é aspirado e pronúnciase ng é velar nasal e pronúnciase ngg é velar nasal seguido dun son velar implosivo e pronúnciase ph é aspirado e pronúnciase th é aspirado e pronúnciase z representa o son , en oposición do estándar alemán que é
Aspectos gramaticais Pronomes Pronomes persoais Galego Alemán estándar Baixo alemánico - Nominativo Baixo alemánico - Dativo Baixo alemánico - Acusativo eu ich ich, ii, i miir, mir, mer mii, mi ti du duu, du, de diir, dir, der dii, di el er äär, är, er iim, im, em iin, in, en, e ela sie sii, si iire, ire, ere sii, si pronome neutro de 3ª persoa singular es ääs, äs, es, s iim, im, em ääs, äs, es, s nós wir miir, mir, mer ùns, is ùns, is vós ihr iir, ir, er èich, ich èich, ich eles/elas sie sii, si iine, ine, ene sii, si
Artigos Artigo determinado Caso Masculino Feminino Neutro Nom/Acu Sg der Man d Frau s Kind Dat Sg im Man (in) der Frau im Kind Nom/Acu Pl d Mane d Fraue d Kinder Dat Pl (in) der Mane (in) der Fraue (in) der Kinder
Artigo indeterminado Caso Masculino Feminino Neutro Nom/Acc Sg e Man e Frau e Kind Dat Sg im e Man in ere Frau im e Kind
Números Cardinal Ordinal Multiplicativo I Multiplicativo II 1 ais èèrschd aifach aimool 2 zwai zwaid zwaifach zwaimool 3 drèi drid drèifach drèimool 4 vier vierd vierfach viermool 5 fimf fimfd fimffach fimfmool 6 segs segsd segsfach segsmool 7 siibe sibd siibefach siibemool 8 aachd aachd aachdfach aachdmool 9 nyyn nyynd nyynfach nyynmool 10 zee zeend zeefach zeemool 11 elf elfd elffach elfmool 12 zwelf zwelfd zwelffach zwelfmool 13 dryzee dryzeend dryzeefach dryzeemool 14 vierzee vierzeend vierzeefach vierzeemool 15 fùfzee fùfzeend fùfzeefach fùfzeemool 16 sächzee sächzeend sächzeefach sächzeemool 17 sibzee sibzeend sibzeefach sibzeemool 18 aachdzee aachdzeend aachdzeefach aachdzeemool 19 nyynzee nyynzeend nyynzeefach nyynzeemool 20 zwanzg zwanzigschd zwanzgfach zwanzgmool 21 ainezwanzg ainezwanzigschd ainezwanzgfach ainezwanzgmool
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Alemannische Sprache
Categoría:Lingua alemá Categoría:Linguas de Austria Categoría:Linguas de Alemaña Categoría:Linguas de Suíza Categoría:Dialectos do alemán