Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547Sobre a orixe de Miguel de Cervantes, o historiador Cesar Brandariz sostén a tese de que nacera na vila de Cervantes, en Sanabria, no antigo Reino de Galicia . e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Traxectoria Miguel de Cervantes foi bautizado en Alcalá de Henares (España). O día exacto do seu nacemento é descoñecido, aínda que é probábel que nacese o 29 de setembro, data en que se celebra a festa do arcanxo San Miguel, pola tradición de recibir o nome do santoral. Foi bautizado o 9 de outubro de 1547 na parroquia de Santa María a Maior, en Alcalá de Henares. Na acta do bautizo reza:
O seu pai, de ascendencia cordobesa, chamábase Rodrigo de Cervantes e era cirurxián, oficio máis parecido ao actual practicante que á nosa idea de médico. Cervantes ten ascendencia conversa por ambas as liñas familiares, segundo sinalaron Américo Castro, Daniel Eisenberg e outros cervantistas. Polo contrario, Jean Canavaggio insiste en que "non está probado" e compárao cos documentos que apoian esta ascendencia, sen lugar a dúbidas, para Mateo Alemán. A súa nai foi Leonor de Cortinas Sánchez. De pais galegosArtigo publicado en La Voz de Galicia con motivo do IV Centenario da publicación de O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha, pouco máis se sabe dela, feito en si sospeitoso de indicar unha orixe conversa. Os seus irmáns foron Andrés (1543), Andrea (1544); Luísa (1546), que chegou a ser prioritaria dun convento carmelita; Rodrigo (1550), tamén soldado que o acompañou no cativerio alxerino; Magdalena (1554) e Juan, só coñecido porque o seu pai o menciona no testamento.
Hai que notar que o apelido "Saavedra" non aparece en ningún documento nos comezos literarios de Cervantes, nin o usa ningún dos seus irmáns. De nacemento, sería "Miguel de Cervantes Cortinas". Só comezou a usar o apelido "Saavedra" despois de volver do cativerio alxerino, posibelmente para se diferenciar daquel Miguel de Cervantes Cortinas desterrado da corte.
En 1551, Rodrigo de Cervantes trasladouse coa súa familia a Valladolid. Por débedas, estivo preso varios meses, e os seus bens foron embargados. En 1556, dirixiuse a Córdoba para recoller a herdanza de Juan de Cervantes, o avó do escritor, e fuxir dos acredores.
Non hai datos precisos sobre os primeiros estudos de Miguel de Cervantes que, sen dúbida, non chegaron a ser universitarios. Parece ser que puido estudar en Valladolid, Córdoba ou Sevilla. Tamén é posíbel que estudase na Compañía de Xesús, xa que na novela El coloquio de los perros elabora unha descrición dun colexio de xesuítas que parece unha alusión da súa vida estudantil.
En 1566, establécese en Madrid. Asiste ó Estudo da Vela, rexentado polo catedrático de gramática Juan López de Hoyos, quen en 1569 publicou un libro sobre a enfermidade e morte da raíña Isabel de Valois, a terceira esposa de Filipe II. López de Hoyos inclúe nese libro tres poesías de Cervantes, o noso caro e amado discípulo. Esas son as súas primeiras manifestacións literarias. Nestes anos Cervantes afeccionouse ó teatro vendo as representacións de Lope de Rueda e, segundo declara na segunda parte de Don Quixote, ó parecer por boca da personaxe principal, "íanselle os ollos tras a farándula".
Fuxida a Italia e a batalla de Lepanto miniatura|260px|A batalla de Lepanto. Conservouse unha providencia de Filipe II que data de 1569, onde manda prender a Miguel de Cervantes, acusado de ferir nun duelo un tal Antonio Sigura, mestre de obras. Se se tratase realmente de Cervantes, ese sería o motivo que lle fixo ir a Italia. Chegou a Roma en decembro do mesmo ano. Alí leu os poemas cabaleirescos de Ludovico Ariosto e os Diálogos de amor do xudeu sefardita León Hebreo (Yehuda Abrabanel), de inspiración neoplatónica, que influirán na súa idea do amor. Cervantes imbúese do estilo e arte italianos.
Entra ao servizo de Giulio Acquaviva, que será cardeal en 1570; a quen, probabelmente, coñeceu en Madrid. Seguiuno por Palermo, Milán, Florencia, Venecia, Parma e Ferrara. Axiña o deixará para ocupar praza de soldado na compañía do capitán Diego de Urbina, do terzo de Miguel de Montcada. Embarcou na galera Marquesa. O 7 de outubro de 1571 participou na batalla de Lepanto, formando parte da armada cristiá dirixida por Xoán de Austria, fillo do "raio da guerra" Carlos V e medio irmán do rei. Nunha información legal elaborada oito anos máis tarde dicía:
De aí procede o alcuño de "o manco de Lepanto". A man esquerda non lle foi cortada, senón anquilosada. Aquelas feridas non deberon ser demasiado graves; pois, tras seis meses de permanencia nun hospital de Messina, Cervantes renovou a súa vida militar en 1572. Tomou parte nas expedicións navais de Navarino (1572), Corfú, Bizerta e Tunisia (1573). Todas elas baixo o mando do capitán Manuel Ponce de León e no rexemento de Lope de Figueroa.
Despois, percorrería as principais cidades de Sicilia e Sardeña, Xénova e Lombardía. Permaneceu, finalmente, dous anos en Nápoles, ata 1575.
Cervantes sempre se mostrou moi orgulloso de loitar na batalla de Lepanto, como dicía no prólogo da segunda parte do Quixote: "a máis alta ocasión que viron os séculos pasados, os presentes, nin agardan ver os vindeiros".
Cativerio en Alxer 275px|miniatura|Miguel de Cervantes Saavedra (outro retrato imaxinario). Durante o seu regreso desde Nápoles a España a bordo da galera "Sol", unha flotilla turca comandada por Arnaut Mamí fixo presos a Miguel e ao seu irmán Rodrigo o 26 de setembro de 1575. Foron capturados á altura de Cadaqués de Rosas ou Palamós, actualmente chamada Costa Brava, e levados a Alxer. Cervantes é adxudicado como escravo ao renegado grego Dali Mamí. O feito de que lle encontraron no seu poder as cartas de recomendación que levaba de Juan de Austria e do Duque de Sessa, fixo pensar aos seus captadores que Cervantes era unha persoa moi importante e por quen poderían conseguir un bo rescate. Pediron quiñentos escudos de ouro pola súa liberdade. Nos cinco anos de aprisionamento, Cervantes, un home cun forte espírito e motivación, tratou de escapar en catro ocasións. Para evitar represalias nos seus compañeiros de cativerio, fíxose responsábel de todo ante os seus inimigos. Preferiu a tortura á delación. Grazas á información oficial e ó libro de frei Diego de Haedo Topographia e historia general de Argel (1612), temos posesión de novas importantes sobre o cativerio. Tales notas compleméntanse coas súas comedias El Trato de Argel, Los Baños de Argel, e o relato da "Historia do cativo", que se inclúe na Primeira parte do Quixote, entre os capítulos 39 e 41. Non obstante, desde xa hai tempo sábese que a obra publicada por Haedo non era súa, algo que el mesmo xa recoñece. Segundo Emilio Sola, o seu autor foi Antonio de Sosa, beneditino compañeiro de cativerio de Cervantes e dialoguista da mesma obra. Daniel Eisenberg propuxo que a obra non é de Sosa, quen non era escritor, senón do grande escritor cativo en Alxer, escritos cos cales a obra de Haedo mostra moi extensas semellanzas. De ser certo, a obra de Haedo deixa de ser confirmación independente da conduta cervantina en Alxer, senón un máis dos escritos do mesmo Cervantes que loan o seu heroísmo.
O primeiro intento de fuga fracasou, porque o mouro que tiña que conducir a Cervantes e aos seus compañeiros a Orán, abandonounos na primeira xornada. Os presos tiveron que regresar a Alxer, onde foron encadeados e vixiados máis que antes. Mentres tanto, a nai de Cervantes conseguira reunir certa cantidade de ducados, coa esperanza de poder rescatar os seus dous fillos. En 1577 concertáronse os tratos, mais a cantidade non era abonda para rescatar aos dous. Miguel preferiu que fose posto en liberdade o seu irmán Rodrigo, quen regresou a España. Rodrigo levaba un plan elaborado polo seu irmán para liberalo a el e aos seus catorce ou quince compañeiros máis. Cervantes reuniuse cos outros presos nunha cova oculta, á espera dunha galera española que viría a recollelos. A galera, efectivamente, chegou e tentou achergarse por dúas veces á praia; mais, finalmente, foi apresada. Os cristiáns escondidos na cova tamén foron descubertos, debido á delación dun cómplice traidor, de alcume "o Dorador". Cervantes declarouse como único responsábel de organizar a evasión e inducir aos seus compañeiros. O rei de Alxer, Azán Baxá, encerrouno no seu "baño" ou presidio, cargado de cadeas, onde permaneceu durante cinco meses.
O terceiro intento trazouno Cervantes coa finalidade de chegar por terra ata Orán. Enviou alí un mouro fiel con cartas para Martín de Córdoba, xeneral daquela praza, explicándolle o plan e pedíndolle guías. Porén, o mensaxeiro foi preso e as cartas descubertas. Nelas demostrábase que era o propio Miguel de Cervantes quen o tramara todo. Foi condenado a recibir dous mil paus, sentenza que non se realizou porque moitos foron os que intercederon por el.
O último intento de escapar produciuse grazas a unha importante suma de diñeiro que lle entregou un mercador valenciano que estaba en Alxer. Cervantes adquiriu unha fragata capaz de transportar sesenta cativos cristiáns. Cando todo estaba a piques de solucionarse, un dos que debían ser liberados, o ex dominico doutor Juan Branco de Paz, revelou todo o plan a Azán Baxá. Como recompensa o traidor recibiu un escudo e unha xerra de manteiga. Azán Baxá trasladou a Cervantes a unha prisión máis segura, no seu mesmo palacio. Despois, decidiu levalo a Constantinopla, onde a fuga resultaría unha empresa case imposíbel de realizar. De novo, Cervantes asumiu toda a responsabilidade.
En maio de 1580, chegaron a Alxer os padres Trinitarios frei Antonio da Bela e frei Juan Gil. Frei Antonio partiu cunha expedición de rescatados. Frei Juan Gil, que unicamente dispuña de trescentos escudos, tratou de rescatar a Cervantes, polo cal se esixían quiñentos. O frade ocupouse de colleitar entre os mercadores cristiáns a cantidade que faltaba. Reuniuna cando Cervantes estaba xa nunha das galeras en que Azán Baxá había partir rumbo a Constantinopla, atado con "dúas cadeas e un grillón". Grazas aos 500 escudos tan arduamente reunidos, Cervantes é liberado o 19 de setembro de 1580. O 24 de outubro regresou, por fin, a España con outros cativos tamén rescatados. Chegou a Dénia, desde onde se trasladou a Valencia. En novembro ou decembro regresa coa súa familia en Madrid.
Regreso a Castela miniatura|dereita|250px|Estatua de Cervantes na Praza da Universidade de Valladolid. En maio de 1580 Cervantes trasladouse a Portugal, onde estaba a corte de Filipe II, co obxecto de atopar algo co que refacer a súa vida e pagar as débedas que contraera a súa familia para rescatalo de Alxer. Encomendáronlle unha misión secreta en Orán, xa que tiña moitos coñecementos da cultura e costumes do norte de África. Por ese traballo recibiu 50 escudos. Regresou a Lisboa e a finais de ano volveu a Madrid. En febreiro de 1582, solicita un posto de traballo vacante nas Indias; sen conseguilo. Nestes anos, o escritor ten relacións amorosas con Ana Villafranca (ou Franca) de Rojas, a muller de Alonso Rodríguez, un taberneiro. Da relación naceu unha filla que se chamou Isabel de Saavedra, que el recoñeceu.