Domingo Maza Calvo, nado en Santiago de Compostela o 21 de marzo de 1889 e morto en Buenos Aires (Arxentina) o 18 de setembro de 1956, foi un escultor galego que desenvolveu a súa actividade na Arxentina.

Traxectoria Despois de estudar Artes e Oficios en Santiago, emigrou a Arxentina ós 19 anos. Alá destacou polas obras de imaxinería relixiosa, entre as que cómpre cita-las esculturas de San Bosco, os santos Cosme e Damián ou San Cristovo, así como o Cristo do altar maior da catedral de Bos Aires.

Recibiu diferentes premios e medallas, alcanzando un éxito notable.

Probablemente, a sona de Domingo Maza vénlle de terselle atribuído autoría da máscara da cara e dun baleirado en xeso da man dereita de Castelao, de quen fora amigo persoal, á súa morte e que se conservan no Centro de Galicia de Bos Aires. No mesmo Centro consérvase unha cabeza xacente de Castelao, feita en madeira por este escultor. Tamén esculpiu os bustos de Lamas Carvajal, Alexandre Bóveda e Curros . Foi autor de diversas ilustracións publicadas na revista Céltiga.

Ademais do seu labor como escultor, Domingo Maza foi presidente da Irmandade Galega e fundou a revista Compostela (Bos Aires, 1938), da que foi o primeiro director.

Notas

Véxase tamén Bibliografía , Xosé: "Domingo Maza", na Gran Enciclopedia Galega, tomo 28, 2003.

Ligazóns externas Galiciaaberta.com

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes