O Getafe Club de Fútbol B é o equipo filial do Getafe Club de Fútbol, fundado en 1983.
Historia Nace do mesmo xeito que o primeiro equipo, en 1983. Tras varios anos nas categorías inferiores logra ascender por primeira vez a Terceira División en 1994, aínda que só disputa a tempada 1994-95. Anos despois volvería a Terceira para permanecer tres tempadas, desde 1999 ata 2001, aínda que en malas posicións.
O club volveu ascender a Terceira no ano 2004. Do mesmo xeito que o primeiro equipo, o Getafe B mantivo unha boa serie de resultados desde entón, quedando nos últimos dous anos nos postos que permiten disputar o playoff para subir a Segunda División B. O filial xetafense certificou o seu ascenso á división de bronce na tempada 2009/10.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias cor azul escuro. Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias cor vermella.
Estadio O filial getafense xoga na Ciudad Deportiva Fernando Santos de la Parra, con capacidade para 1500 espectadores. O estadio atópase a escasos metros do Coliseum Alfonso Pérez.
Datos do club Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 8 Tempadas en 3ª: 13 Debut en 2ªB: 2010-11 Debut en 3ª: 1994-95 Mellor posto na liga: 7º en Segunda B (tempada 2010-11) Peor posto na liga: 18º en Terceira (tempadas 1994-95 e 2000-01)
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Getafe CF Getafe Getafe B