Suevia foi unha revista que se definía como "Revista semanal de literatura y arte"Segundo a Gran Enciclopedia Galega: "Revista semanal de literatura, arte y ciencias"., publicada en Santiago de Compostela entre 1917 e 1919.

Historia e características O director foi o mestre e poeta santiagués Manuel Ortiz Novo (1891-1933). Apareceu o 7 de outubro de 1917 e deixou de publicarse o 12 de marzo de 1919. A partir de xaneiro de 1918 mudou a cabeceira pola de Suevia Literaria e pasou a ter unha periodicidade mensual.

De carácter bilingüe pero maioritariamente en castelán, contou entre os seus colaboradores a plumas ilustres da literatura galega, como Paz Andrade, Salvador Golpe, Lois Carré Alvarellos, Eladio Rodríguez, Alfredo Brañas, Valle Inclán ou Cabanillas, entre outros. Tamén tivo destacados colaboradores entre o escritores casteláns, como Rubén Darío, Juan Ramón Jiménez ou Antonio Machado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

ALONSO GIRGADO, Luís: "Estudio introdutorio" a Suevia (Bos Aires, 1913, Revista Gallega Regionalista) (Bos Aires, 1916, Revista Gallega), ed. facsímile do CIRP, Santiago de Compostela, 2007. "Suevia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, tomo 41, 2003.

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1917 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas literarias de España