miniatura|200px|Jeannie Longo Jeannie Longo, nada o 31 de outubro de 1958 en Annecy, Francia, é unha ciclista profesional que viviu a súa época dourada na década dos 90.

Traxectoria Comparada con Eddy Merckx, polo seu dominio no ciclismo feminino, é famosa pola súa natureza altamente competitiva e a súa lonxevidade como deportista. En Pequín 2008 participou nos seus sétimos Xogos Olímpicos, ficando ás portas do bronce, na cuarta posición na proba de contra o reloxo, a só dous segundos da suíza Karin Thürig.

Posúe catro medallas olímpicas e trece títulos mundiais, en ciclismo en ruta e en pista, ademais de 38 marcas mundiais.

Empezou a súa carreira deportiva como esquiadora, deporte no cal foi campioa do seu país na categoría escolar en 1975. Catro anos despois, en 1979, Jeannie foi campioa universitaria nas categorías de descenso, slálom e xigante.

Foi entón cando, o daquela seu adestrador, e actualmente esposo, Patrice Ciprelli, a faría pasarse ao ciclismo. Poucos meses despois gañou o Campionato Nacional de Francia de ciclismo en ruta.

En xuño de 2009 sumou o seu 56º título nacional, ao proclamarse campioa de Francia en contra o reloxo, con 50 anos.

Ademais dos seus logros deportivos, Longo tamén traballou no eido académico, licenciándose en Matemáticas e Xestión Económica e doutorándose en Deporte.

Palmarés Xogos Olímpicos Medalla de ouro de ciclismo en ruta en 1996 15px Medalla de prata de ciclismo en ruta contra o reloxo en 1996 15px Medalla de prata de ciclismo en ruta en 1992 15px Medalla de bronce de ciclismo en ruta contra o reloxo en 2000 15px

Campionatos do mundo Campioa do mundo de ciclismo en ruta en 1985, 1986, 1987, 1989 e 1995 15px 20px Campioa do mundo de ciclismo en ruta contra o reloxo en 1995, 1996, 1997 e 2001 15px 20px Campioa do mundo de ciclismo en pista (persecución) en 1986, 1988 e 1989 15px 20px Campioa do mundo de ciclismo en pista (carreira de puntos) en 1989 15px 20px 2 medallas de prata de ciclismo en ruta en 1981 e 1993 15px Medalla de prata de ciclismo en ruta contra o reloxo en 2000 15px Medalla de prata de ciclismo en ruta contra o reloxo por equipos en 1992 15px 3 medallas de prata de ciclismo en pista en 1984, 1985 e 1987 15px Medalla de prata de cyclo-cross en 1993 15px 2 medallas de bronce de ciclismo en ruta en 1994 e 2001 15px 3 medallas de bronce de ciclismo en pista en 1981, 1982 e 1983 15px

Campionatos de Europa Campioa de Europa de campo a través en 1994 15px

Campionatos de Francia 57 títulos de campioa de Francia (primeiro título sobre ruta en 1979 e último en contra o reloxo en 2010), nas especialidades: en ruta, de contra o reloxo, de persecución, de carreira aos puntos, de campo a través (VTT), de contra o reloxo por equipos. 15px 20px Campioa de Ile-de-France: persecución, carreira aos puntos, en ruta: de 1992 a 1996 Campioa de Dauphiné-Savoie: en ruta, velocidade, persecución, carreira aos puntos: de 1977 a 1989

Tour de Francia feminino Gañadora en 1987, 1988 e 1989 20px 2ª en 1985, 1986, 1992 e 1995 3ª en 1996 Clasificación por puntos en 1985, 1986, 1987 e 1988 20px Clasificación da montaña en 1989 20px

Outros 38 marcas da hora

Recoñecementos 2ª na Bicicleta de Ouro Francesa (1996) 3ª na Bicicleta de Ouro Francesa (1995, 2001)

Dopaxe

En novembro de 1987, tras superar a marca mundial de 3.000 metros en Colorado Springs, Longo deu positivo por efedrina no control antidopaxe.

Notas

Véxase tamén

Páxina oficial de Jeannie Longo

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Ciclistas olímpicos de Francia Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo Categoría:Nados en Annecy Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Francia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Francia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Francia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1984 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008