A Copa do Mundo da FIFA 1986 (en castelán: Copa Mundial de Fútbol México '86) foi a décimo terceira edición do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. Vinte e catro equipos participaron nesta edición, organizada en México entre o 31 de maio e o 29 de xuño de 1986. Inicialmente o torneo ía celebrarse en Colombia mais, debido principalmente a razóns económicas, o país suramericano renunciou, sendo escollido México como nova sede e converténdose así no primeiro país en organizar o mundial en máis dunha ocasión.
O campión do torneo foi a , a cal conseguiu o seu segundo título após o obtido en . O combinado arxentino conseguiu o título após venceren na final á no Estadio Azteca de Cidade de México por 3−2. O xogador máis destacado da selección arxentina e do torneo, foi Diego Armando Maradona. Son lembrados principalmente os seus dous goles na eliminatoria de cuartos de final ante : a "man de Deus", gol anotado coa man, e o votado como "gol do século". Alén deses dous goles, Maradona anotou outros tres e repartiu cinco asistencias ao seus compañeiros. A asistencia total aos xogos do torneo foi de 2 394 031, o que fai unha media de 46 039 por partido.
O fomrato de competición deste torneo mudou con respecto á anterior edición de . Por un lado, os encontros da última xornada da fase de grupos foron xogados á mesma hora após o acontecido no encontro entre a Alemaña Federal e Austria no que se pactou de antemán un resultado que beneficiaba a ambos equipos. Por outro lado, en lugar de celebrarse dúas fases de grupos, apóa a primeira o resto do torneo foi xogado en formato de eliminatorias. Así, os dous primeiros de cada grupos, máis os catro mellores terceiros, xogaron unha eliminatoria de dezaseis equipos a partido único. Debutaron nesta edición as seleccións do , e .
Elección da sede En xuño de 1974, Colombia foi escollido como país organizador da Copa do Mundo de 1986, sendo as futuras sedes as cidades de Bogotá, Medellín, Cali, Pereira e Bucaramanga, así como a posibilidade de incluír tamén Barranquilla.
Resultados da votaciónPaísVotos Única candidata
Colombia aceptou acoller un torneo para dezaseis equipos, porén, a FIFA permitiu a expansión do torneo a 24 no edición de en España, o cal dificultaba a loxistica da organización. O 25 de outubro de 1982, o Presidente de Colombia Belisario Betancur anunciu a cancelación da organización do evento debido á imposibilidade de cumprir os requisitos mínimos fixados polo Comité Executivo da FIFA. Esta renuncia foi confirmada pola o 5 de novembro dese mesmo ano. Para a elección da nova sede houbo catro países candidatos: o Canadá, o Brasil, os Estados Unidos e México. Con todo, o Brasil retirouse pouco antes da designación, o Canadá non tiña suficientes instalacións futbolísticas e os Estados Unidos non tiñan moitos apoios, polo que preferiron prepararse para organizar unha mellor para a edición de . Ditos países decidiron entón apoiar a candidatura mexicana.
Resultados da votaciónPaísVotos Unánime 0 0
Así, México foi escollida o 20 de maio de 1983 como sede do Mundial de 1986. Após teren organizado a edición de , convertéronse no primeiro en país en albergar dúas edicións do torneo. Con todo, a realización do torneo no país norteamericano estivo en perigo ao terremoto de México de 1985, o cal afectou principalmente á Cidade de México e aos seus estados veciños a mañá do 19 de setembro. Este acontecemento provocou a morte de máis de 10 000 persoas, así como considerábeis dnos materiais, polo que o comité organizador chegou a pensar na suspensión do torneo. Porén, os estadios designados como escenarios dos encontros, así como as diferentes infraestruturas futbolísticas, non resultaron afectados, polo que se decidiu continuar coa organización do evento.
Clasificación Lista de participantes Os seguintes foron os vinte e catro equipos participantes nesta edición do torneo.
UEFA (14)
CONCACAF (2)
(anfitrioa) CONMEBOL (4)
AFC (2)
CAF (2)
OFC (0) Ningún clasificado
thumb|upright=1.5|
Sedes Once cidades acolleron esta edición do mundial. O Estadio Azteca de Cidade de México foi o recinto con maior capacidade do torneo. Nel xogáronse nove encontros, incluíndo a final, sendo así o estadio máis utilizado. Alén dos nove encontros do Azteca, a Cidade de México albergou en total trece encontros, xa que o Estadio Olímpico Universitario acolleu outros catro encontros. Na área metropolitana da capital do país, concretamente en Nezahualcoyotl, xogáronse outros tres encontros, polo que se pode dicir que a área da capital acolleu dezaseis encontros, practicamente un terzo de todos os partidos do mundial. A segunda cidade máis grande de México, Guadalaxara, acolleu un total de dez encontros, sete no Estadio Jalisco e tres no Estadio Tres de Marzo de Zapopan. Por outra banda, Monterrey acolleu oito, catro no Estadio Tecnológico e outros catro no Estadio Universitario de San Nicolás de los Garza. Finalmente, o Estadio Cuauhtémoc de Puebla acolleu cinco encontros.
Cidade de México Guadalaxara Puebla Estadio Azteca Estadio Olímpico Universitario Estadio Jalisco Estadio Cuauhtémoc Capacidade: 114 600 Capacidade: 72 212 Capacidade: 66 193 Capacidade: 46 416alt=|220x220pxalt=|220x220pxalt=|220x220pxalt=|220x220pxSan Nicolás de los GarzaQuerétaroEstadio UniversitarioEstadio Corregidora Capacidade: 43 780 Capacidade: 38 576alt=|220x220pxalt=|220x220pxNezahualcóyotlMonterreyEstadio Neza 86Estadios en Cidade de MéxicoEstadio Tecnológico Capacidade: 34 536 Capacidade: 33 805alt=|220x220pxalt=|220x220pxTolucaIrapuatoLeónZapopanEstadio Nemesio DíezEstadio Sergio León ChávezEstadio LeónEstadio Tres de Marzo Capacidade: 32 612 Capacidade: 31 336 Capacidade: 30 531 Capacidade: 30 015alt=|220x220pxalt=|220x220pxalt=|220x220pxalt=|220x220px
Fase de grupos Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif5321062+44312054+12302124−21301247−3
Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif5321042+24312043+1331115500300314−3
Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif5321091+85321051+42310229−70300305−5
Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif6330050+54320152+31301226−41301215−4
Grupo E Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif6330091+83311134−12302127−51301213−2
Grupo F Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif4312031+23311131+23311113−22310224−2
Mellores terceiros As catro mellores seleccións que finalizaron en terceiro lugar en cada un dos seis grupos clasificáronse para a seguinte fase. Equipo G Pts PX PG PE PP GF GC DifB33111550F3311113−2A2302124−2E2302127−5C2310229−7D1301226−4
Eliminatorias
Oitavos de final
Cuartos de final
Semifinais
Terceiro posto
Final
Campión do Mundoborder|150px|ArxentinaSegundo título
Premios e recoñecementos Goleadores Gary Lineker recibiu a Bota de Ouro ao anotar seis goles. En total, foron marcados 132 goles por 82 xogadores, sendo dous deles considerados en propia meta.
6 goles Gary Lineker
5 goles Diego Maradona Careca Emilio Butragueño
4 goles Jorge Valdano Preben Elkjær Larsen Alessandro Altobelli Igor Belanov
3 goles Jan Ceulemans Nico Claesen Jesper Olsen Rudi Völler
2 goles
Jorge Burruchaga Enzo Scifo Josimar Sócrates Jean-Pierre Papin
Michel Platini Yannick Stopyra Fernando Quirarte Abderrazak Khairi Roberto Cabañas
Julio César Romero Ramón Calderé Klaus Allofs
1 gol
Djamel Zidane José Luis Brown Pedro Pasculli Oscar Ruggeri Stéphane Demol Erwin Vandenbergh Franky Vercauteren Daniel Veyt Edinho Plamen Getov Nasko Sirakov John Eriksen Michael Laudrup Søren Lerby Peter Beardsley Manuel Amoros Luis Fernández Jean-Marc Ferreri Bernard Genghini
Dominique Rocheteau Jean Tigana Lajos Détári Márton Esterházy Ahmed Radhi Luis Flores Manuel Negrete Hugo Sánchez Raúl Servín Abdelkrim Merry Colin Clarke Norman Whiteside Włodzimierz Smolarek Carlos Manuel Diamantino Gordon Strachan Choi Soon-ho Huh Jung-moo Kim Jong-boo
Park Chang-sun Sergei Aleinikov Oleh Blokhin Vasyl Rats Sergey Rodionov Pavlo Yakovenko Ivan Yaremchuk Oleksandr Zavarov Eloy Andoni Goikoetxea Julio Salinas Juan Antonio Señor Antonio Alzamendi Enzo Francescoli Andreas Brehme Lothar Matthäus Karl-Heinz Rummenigge
Autogoles László Dajka (contra a ) Cho Kwang-rae (contra )
Premios Os seguintes son os premios outogados pola FIFA aos futbolistas máis destacados do torneo: Balón de Ouro ao mellor xogador: Diego Maradona Bota de Ouro ao máximo goleador: Gary Lineker Calzado de Prata ao segundo máximo goleador: Emilio Butragueño, Careca, Diego Maradona Mellor xogador novo: Enzo Scifo Premio ao xogo limpo:
Clasificación retrospectiva Despois do torneo, a FIFA publicou unha clasificación de todos os equipos que competiron na fase final do mundial baseada no progreso da competición, os resultados golbais e a calidade do opoñente.
Selección 1 A 7 6 1 0 14 5 +9 13 2 E 7 3 2 2 8 7 +1 8 3 C 7 4 2 1 12 6 +6 10 4 B 7 2 2 3 12 15 −3 6 Eliminados en cuartos de final 5 D 5 4 1 0 10 1 +9 9 6 B 5 3 2 0 6 2 +4 8 7 D 5 3 1 1 11 4 +7 7 8 F 5 2 1 2 7 3 +4 5 Eliminados en oitavos de final 9 E 4 3 0 1 10 6 +4 6 10 C 4 2 1 1 12 5 +7 5 11 F 4 1 2 1 3 2 +1 4 12 A 4 1 2 1 5 6 −1 4 13 B 4 1 2 1 4 6 −2 4 14 F 4 1 1 2 1 7 −6 3 15 A 4 0 2 2 2 6 −4 2 16 E 4 0 2 2 2 8 −6 2 Eliminados na fase de grupos 17 F 3 1 0 2 2 4 −2 2 18 C 3 1 0 2 2 9 −7 2 19 E 3 0 1 2 1 3 −2 1 20 A 3 0 1 2 4 7 −3 1 21 D 3 0 1 2 2 6 −4 1 22 D 3 0 1 2 1 5 −4 1 23 B 3 0 0 3 1 4 −3 0 24 C 3 0 0 3 0 5 −5 0
Notas
Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Fútbol
Ligazóns externas Páxina web sobre o mundial en da FIFA.com
*