miniatura|dereita|250px|Fieis ante a figura do santo.

A romaría de San Benitiño de Lérez é unha festa popular celebrada o 11 de xullo (día de san Bieito) no mosteiro de San Salvador de Lérez. A romaría, que se vén realizando desde 1929, está declarada festa de interese turístico de Galicia.

Historia e características miniatura|dereita|250px|Interior do templo.

Os devotos do santo levan a cabo ritos para a sandación de todo tipo de enfermidades (especialmente espullas), co contacto de panos co aceite da lámpada que ilumina a imaxe do santo, considerado milagreiro. Durante todo o día lévanse a cabo oficios relixiosos no templo. Os fieis fan ofrendas ao santo (especialmente cartos, galiñas e ovos), que son vendidos nunha poxa pola tarde.

Do outro lado do río hai festa popular, motivo polo cal hai decote barcas engalanadas cruzando o meandro do río Lérez pouco máis arriba da illa do Covo. Á parte dunha mexilloada tradicional, os fieis adoitan levar a súa comida. A romaría está amenizada por músicos: pandeireteiras pola mañá, gaiteiros pola tarde e verbena con orquestras pola noite.

Hai unha cantiga popular sobre a romaría: Se vas ao San Benitiño non vaias ao de Paredes, que hai outro máis milaghreiro San Benitiño de Leres (Versión recollida por Calros Solla) Se vas ao San Benitiño, non vaias ao de Paredes, que é moito máis milagroso San Benitiño de Lérez (Versión recollida por Ramón Cabanillas)

Notas

Categoría:Pontevedra Categoría:Festas de interese turístico de Galicia Categoría:Orde de San Bieito