O panxabí, tamén coñecido como punjabi (nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Panxab) e en Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.

Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanágari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.

Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O panjabiano é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.

Situación actual Na India, o panxabí é unha das 22 linguas con estatuto oficial da India. É a primeira lingua oficial do Panxab e do Estado do Territorio da Unión (Union Territory State) Chandigar (Chandigarh)) e a segunda lingua oficial de Hariana (Haryana), Estado de Himachal (mal chamado Himachal Pradesh, xa que pradesh quere dicir estado, país) e Delhi. En Paquistán, o panxabí é a lingua provincial do Panxab, a principal provincia paquistaní.

Fonoloxía

+Vogais AnteriorCase anteriorCentralCase posteriorPosteriorpechada semipechada media semiaberta aberta

A lingua panxabí tamén ten vogais nasalizadas.

+Consoantes Bilabial Labiodental Dental/Alveolar Retroflexa Palatal Velar Glotal Nasal Oclusiva e africada xorda aspirada xorda sonora Fricativa Vibrante Aproximante

Morfoloxía Substantivos O panxabí distingue dous xéneros, dous números, e cinco casos que son o directo, oblicuo, vocativo, ablativo e locativo/instrumental. Os dous últimos casos son basicamente vestixios na lingua actual: o ablativo só aparece no singular, en variación libre co caso oblicuo máis ablativo posposición, e o locativo/instrumental déixase só para expresións adverbiais. É posible facer unha subdivisión entre os substantivos, dividíndoos entre subclases declinables extensibles e inextensibles, cuxo remate característico é para os masculinos en -ā átono e para os femininos -ī.

Adxectivos Os adxectivos divídense en categorías declinables e indeclinables. As declinables márcanse na súa terminación, para o xénero, número e caso do substantivo que define. En comparación, o número de terminacións dos adxectivos declinables é similar a dos substantivos aínda que máis simplificado

Pl. Sg.Declin. Masc. Dir. -ā -e Obl. -e -e, -iā̃ Fem. -ī -īā̃Indeclin.

Os adxectivos indeclinables son totalmente invariables e poden rematar tanto en consoantes coma vogais (incluíndo ā e ī ). Dir. masc. sing. (-ā) é a forma que aparece nos dicionarios.

+Adxectivo declinable caṅgā "bo" en caso atributivo Dir. Obl. Voc. Abl. Loc./Instr. Masc. Sg.caṅgā kòṛācaṅge kòṛecaṅge kòṛiācaṅge kòṛiõ (caṅge kòṛe) Pl.caṅge kòṛecaṅgiā̃ kòṛiā̃caṅgiā̃ kòṛio Fem. Sg.caṅgī sakhīcaṅgī sakhīe Pl.caṅgīā̃ sakhīā̃caṅgīā̃ sakhīo Dir. Obl. Voc. Abl. Loc./Instr. Masc. Sg.caṅgā kàrcaṅge kàrcaṅge kàrācaṅge kàrõcaṅge kàre Pl.caṅge kàrcaṅgiā̃ kàrā̃caṅgiā̃ kàrocaṅgiā̃ kàrī̃ Fem. Sg.caṅgī gall(caṅgī galle)caṅgī gallõcaṅgī galle Pl.caṅgīā̃ gallā̃caṅgīā̃ gallocaṅgīā̃ gallī̃

+Adxectivo indeclinable xarāb "malo" en uso atributivo (o son "x" equivale ao "j" castelán) Dir. Obl. Voc. Abl. Loc./Instr. Masc. Sg.xarāb kòṛāxarāb kòṛexarāb kòṛiāxarāb kòṛiõ (xarāb kòṛe) Pl.xarāb kòṛexarāb kòṛiā̃xarāb kòṛio Fem. Sg.xarāb sakhīxarāb sakhīe Pl.xarāb sakhīā̃xarāb sakhīo Dir. Obl. Voc. Abl. Loc./Instr. Masc. Sg.xarāb kàrxarāb kàrāxarāb kàrõxarāb kàre Pl.xarāb kàrxarāb kàrā̃xarāb kàroxarāb kàrī̃ Fem. Sg.xarāb gall(xarāb galle)xarāb gallõxarāb galle Pl.xarāb gallā̃xarāb galloxarāb gallī̃

Literatura en panxabí Entre os escritores modernos en lingua panxabí de nacionalidade paquistaní, destacan: Shareef Kunjahi Mir Tanha Yousafi Sanawar Chadhar Alam Lohar Abid Tamimi Anwar Masood Aatish Shaista Nuzhat Raja Muhammed Ahmed

Algúns coñecidos poetas modernos do Panxab indio son:

Prof. Mohan Singh Amrita Pritam Balwant Gargi Shiv Kumar Batalvi Surjit Paatar

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en panxabí linguas indoeuropeas linguas indoiranias

Ligazóns externas O semisilabario gurmukhî con Unicode

Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas da India Categoría:Linguas de Paquistán