O Monumento á mariña universal é un monumento adicado ós mariñeiros mortos no mar, situado no cumio da península de Monteferro, na parroquia de Panxón, no concello de Nigrán.
Descrición Está feito de bloques de granito e mide 25 metros de altura. Asemella forma de pirámide de chanzos, truncada, de planta cadrada. Ten cheminea interior. Preto do cumio ten catro coroas de bronce. Diante, enriba da porta e da inscrición "SALVE REGINA MARIUM", unha figura da virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, co neno Xesús e sobre eles unha grande cruz de pedra. En cadansúa das outras caras mostra unha grande placa de mármore coas seguintes inscricións:
Construción É obra do arquitecto vigués Manuel Gómez Román. Foi construído por subscrición popular en 1913Que visitar en Nigrán.es e inaugurado en 1924 por Miguel Primo de Rivera.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bravo Pintos, Minia e outros, Monteferro, Aula de renovación urbana e rehabilitación, USC, 60 pax., xuño de 2009 . Garrido Rodríguez, Jaime e outro, Manuel Gómez Román: Mestre da arquitectura galeguista, Xerais, 184 páx., 1995, ISBN 978-84-7507-875-5
Outros artigos Templo Votivo do Mar Virxe da Rocha
Ligazóns externas Actas da comisión permanente do Concello de Nigrán de 1928.
Categoría:Arquitectura en Nigrán Categoría:Arquitectura civil de Galicia Categoría:Manuel Gómez Román Categoría:Monumentos de Galicia