O Shamrock Rovers Football Club (en irlandés Cumann Peile Ruagairí na Seamróige) é un club de fútbol da cidade de Dublín, Irlanda. Actualmente compite na FAI Premier Division, a máxima categoría do fútbol irlandés e xoga os seus partidos como local dende o 2009 no Tallaght Stadium, cunha capacidade para 5.700 espectadores.
Historia O club foi fundado en 1901 (a pesar de que algunhas fontes estiman a mesma en 1899) en Ringsend. O seu nome deriva da avenida Shamrock de Ringsend. Dende os anos '20 ata 1987, o Shamrock xogou os seus partidos en Glenmalure Park, en Milltown. Ese ano, o estadio foi vendido e o equipo non tivo campo propio en 22 anos, cando se inaugurou o Tallaght Stadium. O equipo xogou en Ballsbridge entre 1990 e 1996.
O seu nome provén do trevo como símbolo irlandés. É considerado o club máis exitoso de Irlanda. miniatura|324x324px|O irlandés Barry Ferguson na tempada 2008-2009 co Shamrock Rovers F.C.
Palmarés Títulos nacionais League of Ireland: 22 (récord) 1922–23, 1924–25, 1926–27, 1931–32, 1937–38, 1938–39, 1953–54, 1956–57, 1958–59, 1963–6420px 1983–84, 1984–85, 1985–86, 1986–87, 1993–94, 2010, 2011, 2020, 2021, 2022, 2023, 2025 FAI Cup: 25 (récord) 1925, 1929, 1930, 1931, 1932, 1933, 1936, 1940, 1944, 1945, 1948, 1955, 1956, 1962, 1964, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969, 1978, 1985, 1986, 1987, 2019 League of Ireland Shield: 18 (récord) 1924–25, 1926–27, 1931–32, 1932–33, 1934–35, 1937–38, 1941–42, 1949–50, 1951–52, 1954–55, 1955–56, 1956–57, 1957–58, 1962–63, 1963–64, 1964–65, 1965–66, 1967–68. League of Ireland Cup: 1 1976–77 League of Ireland First Division: 1 2006
Títulos rexionais Leinster Senior Cup: 16 1923, 1927, 1929, 1930, 1933, 1938, 1953, 1955, 1956, 1957, 1958, 1964, 1969, 1982, 1985, 1997
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Shamrock
Ligazóns externas Site oficial do Shamrock Rovers FC SRFC.TV Site dos ultras do SRFC
Categoría:Equipos de fútbol de Irlanda