Os Annales Regni Francorum (en lingua galega "Anais do Reino dos Francos") é unha obra que describe as accións dos gobernantes francos nun período que oscila entre 741 (ano da morte de Carlos Martel) e o ano 829.
Iniciado entre 788 e 793 por orde expresa de Carlomagno, son sen dúbida traballo de polo menos tres diferentes escritoreswww.en.academic.ru, un deles é, probablemente, Eginard, biógrafo de Carlomagno. Os outros atópanse entre os eruditos eclesiásticos que asistiron á corte carolinxia. A pesar da morte do soberano, a obra foi continuada durante o reinado do seu sucesor Lois o Piadoso antes de ser detido sen un motivo concreto no ano 829. O traballo é a fonte máis importante que temos para coñecer as accións e políticas do reino dos francos, especialmente durante o reinado de Carlomagno.
A súa tradución ao alemán publicouse en Hannover en 1895, dentro dos Scriptores rerum germanicarum in usum scholarum, reeditado despois en 1950.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Texto dos Annales Regni Francorum
Categoría:Manuscritos Categoría:Crónicas medievais de Francia Categoría:Carolinxios