miniatura|222px|Un tractor Lanz Bulldog en Biduedo, provincia de Lugo. O tractor (do latín trahere «tirar») é un vehículo agrícola que se usa para remolcar e para accionar outras ferramentas tales como arados, colleitadoras, segadoras ou remolques. É usual tamén utilizalo como fonte de potencia.

O seu uso posibilitou diminuír substancialmente a man de obra no traballo agrícola, así como supuxo a mecanización de tarefas de carga e tracción que tradicionalmente se realizaran con animais como o boi.

O tractor tamén se utiliza en obras de construción, xeralmente con accesorios tales como pas ou brazos de retroescavadoras.

Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de tractores de Galicia

Notas

Véxase tamén