Figueiroa é un lugar da parroquia dos Buxantes, no concello coruñés de Dumbría, na comarca de Fisterra. Segundo o IGE, en 2018 tiña 14 habitantes (7 homes e 7 mulleres).

Patrimonio miniatura|250px|Recordos que deixan os peregrinos no altar exterior da Capela

A carón do Camiño de Fisterra-Muxía sitúase a capela de Nosa Señora das Neves, de finais do século XV pero reconstruída posteriormente. Na fachada principal posúe un pequeno rosetón, común na arquitectura románica e gótica. No muro norte ábrese unha sinxela porta lateral e ó seu carón, baixo un soportal, un pequeno altar onde se fan as celebracións masivas e as romarías.

Lugares e parroquias Lugares da parroquia dos Buxantes

Parroquias de Dumbría

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Turismo.gal

Figueiroa Figueiroa