miniatura|dereita|John Knox. John Knox, nado cara a 1513 ou 1514 en Haddington (East Lothian) e finado en Edimburgo o 24 de novembro de 1572, foi un sacerdote escocés, líder da Reforma protestante no seu país, e é considerado o fundador de presbiterianismo.

Traxectoria Influenciado polos primeiros reformadores como George Wishart, uniuse ao movemento reformista da Igrexa escocesa. Estivo envolvido nos eventos eclesiásticos e políticos relacionados coa morte do Cardeal Beaton en 1546 e na intervención da rexente de Escocia, María de Guisa. Foi feito prisioneiro polas forzas francesas ao ano seguinte, e tras a súa posta en liberdade en 1549 exiliouse en Inglaterra.

Véxase tamén

Ligazóns externas Bibliografía selecta de John Knox.

Categoría:Pastores calvinistas Categoría:Nados en Escocia Categoría:Finados en 1572 Categoría:Calvinismo Categoría:Alumnos da Universidade de Glasgow