Kaspar Hauser, chamado O orfo de Europa, nado o 30 de abril de 1812 e finado en Ansbach o 17 de decembro de 1833 foi un adolescente alemán famoso en Europa polo misterio ao redor da súa orixe e á súa morte. O seu carácter era o dun neno salvaxe, polo que se sabe que creceu en cativerio e completo illamento. Desde a súa aparición especulouse sobre a súa posíbel pertenza a unha casa real, en particular á familia gobernante en Baden.
No cinema Werner Herzog adaptou a súa vida ao cinema en Jeder für sich und Gott gegen alle (O enigma de Kaspar Hauser, 1974). La leggenda di Kaspar Hauser (2012, Davide Manuli) é un drama surrealista baseado na súa lenda. O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (2013), do cineasta galego Alberto Gracia, é unha aproximación vangardista á súa figura.
Véxase tamén
Ligazóns externas Duchess of Cleveland: The True Story of Kaspar Hauser from Official Documents, Macmillan, Londres, 1893.
Categoría:Personalidades de Alemaña Categoría:Nados en 1812 Categoría:Finados en 1833