Praxidike (ou en grego Πραξιδίκη), tamén coñecida coma , é unha lúa irregular de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2000,IAUC 7555: Satellites of Jupiter 5 de xaneiro do 2001 (descubrimento)MPEC 2001-A29: S/2000 J 7, S/2000 J 8, S/2000 J 9, S/2000 J 10, S/2000 J 11 15 de xaneiro do 2001 (descubrimento e efemérides) e recibiu a designación provisional de . A lúa recibiría o nome de Praxidike oficialmente en agosto do 2003,IAUC 7998: Satellites of Jupiter 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa) Praxidike na mitoloxía grega era a deusa do castigo.

Características Praxidike orbita Xúpiter a unha distancia duns 20,824 Gm en 613,904 días, cunha inclinación orbital de 144° respecto da eclíptica (143° respecto do ecuador de Xúpiter), de movemento retrogrado e cunha excentricidade orbital de 0,1840.

Praxidike pertence ó grupo de satélites Ananke, pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.Nesvorný, D.; Alvarellos, J. L. A.; Dones, L.; e Levison, H. F.; Orbital and Collisional Evolution of the Irregular Satellites , The Astronomical Journal, Vol. 126 (2003), pp. 398–429 Cun diámetro estimado de 7 km, Praxidike é a segunda lúa máis grande deste grupo de satélites, despois de Ananke (o albedo asumido é 0,04)Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; Porco, C.; Jupiter's Outer Satellites and Trojans, in Jupiter: The Planet, Satellites and Magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280

Praxidike no espectro visible aparece cun gris (índices de cor B-V=0.77 V-R=0.34) característico dos asteroides tipo C.

A lúa na ciencia ficción Esta lúa menciónase na novela de Arthur C. Clarke 2001: A Space Odyssey como a máis exterior das lúas de Xúpiter cunha órbita inestable e cun eixo semi-maior de 29 millóns de km (preto dos 20.823.948 km reais).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Ligazóns externas David Jewitt pages Scott Sheppard pages IAU-MPC NSES NASA JPL - Parámetros orbitais principais

Categoría:Lúas de Xúpiter