Thomas Müller, nado o 13 de setembro de 1989 en Weilheim in Oberbayern, Baviera é un xogador profesional de fútbol internacional alemán que actualmente xoga para o Bayern München da 1. Bundesliga, a máxima categoría do fútbol en Alemaña. Pode desempeñarse en multitude de posicións, como volante ofensivo, segundo dianteiro ou extremo. Ten sido eloxiado polo seu ritmo, técnica e compostura, amosando consistencia tanto na anotación como na creación de goles.
Produto da canteira do Bayern München, debutou co primeiro equipo da man do adestrador Louis van Gaal durante a tempada 2009-20, pasando a xogar case tódolos partidos nos que conseguiou tanto a liga como a copa de Alemaña, ademais de ser finalista da Liga de Campións. Isto valeulle a súa convocatoria coa selección alemá que participou no Mundial de Suráfrica de 2010 onde marcou cinco goles en seis partidos, acabando a súa selección no terceiro lugar. Müller foi nomeado mellor xogador novo, sendo ademais o máximo goleador do torneo polo que recibiu a Bota de Ouro.
Traxectoria Müller incorporouse á disciplina do Bayern de Múnic no 2000 con soamente 10 anos de idade. Debutou co equipo filial en marzo de 2008 nun partido contra o SpVgg Unterhaching. Anotou no devandito encontro, e interveu en dúas ocasións máis na tempada 2007-08 antes de ser descartado por unha lesión.
A pesar de que debutou no primeiro equipo bávaro durante a tempada 2008-2009, foi na 2009-2010 cando apareceu con máis notoriedade, ocupando un posto fixo na dianteira do club muniqués grazas ás lesións dos seus compañeiros. O seu debut na Liga de Campións da UEFA tivo lugar o 10 de marzo de 2009, no partido entre o Bayern de Múnic e o Sporting de Portugal, substituíndo aos 72 minutos a Bastian Schweinsteiger. Müller anotou no minuto 90 o 7 a 1 definitivo.
Clubs ClubPaísAnoPartidosGolesFC Bayern München II Alemaña2008-20093516FC Bayern München AlemañaDende 20093813
Estatísticas ClubTempadaBundesligaCopaChampions LeagueTotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesBayern München2008/2009400011512009/20103413541125019 Total3813541235520
Selección nacional Müller foi convocado por Joachim Löw para un amigable contra en novembro de 2009; finalmente devandito encontro tívose que suspender polo falecemento de Robert Enke. Tras esa chamada, Müller volveu ao seleccionado sub-21 para axudarlles nas clasificatorias da Eurocopa Sub-21 de 2011. Finalmente, debutou coa selección absoluta en xaneiro de 2010, nun encontro que enfrontou á Mannschaft con .
Foi convocado para representar ao seu país na Copa Mundial de Fútbol de 2010 de Suráfrica a pesar de xogar até ese intre só dous partidos co combinado alemán. Nos oitavos de final desa competición marcou contra o seu primeiro dobrete e foi elixido mellor xogador do partido. En cuartos de final contra marcou de cabeza o primeiro gol do seu equipo, aínda que recibiu un cartón amarelo que lle impediu xogar as semifinais. Trala eliminación de en semifinais contra , Müller volvería xogar para a súa selección no partido polo terceiro posto marcando novamente un gol ante . Desta maneira, Thomas Müller converteu 5 goles en 5 encontros disputados, converténdose no máximo goleador da Copa do Mundo, do mesmo xeito que o uruguaio Diego Forlán, o neerlandés Wesley Sneijder e o español David Villa. Polo seu gran rendemento na Copa Mundial de Fútbol de 2010, outorgóuselle a Bota de Ouro (xa que a igualdade de goles, defínese por cantidade de asistencias) e o premio ao Mellor xogador novo.
Participacións no Mundial MundialSedeResultadoCopa Mundial de Fútbol de 2010 SuráfricaTerceiro posto
Goles no Mundial # Día Lugar Rival Marcador Resultado Edición1 13 de xuño de 2010 Estadio Moses Mabhida, Durban 3–0 4–0 Suráfrica 20102 27 de xuño de 2010 Estadio Free State, Bloemfontein 3–1 4–1 Suráfrica 20103 27 de xuño de 2010 Estadio Free State, Bloemfontein 4–1 4–1 Suráfrica 20104 3 de xullo de 2010 Estadio Green Point, Cidade do Cabo 1–0 4–0 Suráfrica 20105 10 de xullo de 2010 Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth 1–0 3–2 Suráfrica 2010
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAno1. BundesligaFC Bayern MünchenAlemaña2010Copa de AlemañaFC Bayern MünchenAlemaña2010
Distincións individuais DistinciónAnoBota de Ouro da Copa Mundial da FIFA2010Mellor xogador novo da Copa Mundial da FIFA2010
Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Goleadores da Copa do Mundo Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Baviera Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024