A selección de fútbol dos Estados Unidos (en ) representa aos Estados Unidos de América en competicións internacionais de fútbol. Está controlada pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos (United States Soccer Federation, U.S. Soccer), afiliada á CONCACAF, organización de agrupa ás federacións de Norte, Centroamérica e o Caribe, e á FIFA.
Estados Unidos participou en dez edicións da Copa do Mundo de Fútbol, incluíndo a edición de 1994 na que foron o país anfitrión. A mellor clasificación da selección nesta competición foi o seu terceiro posto obtido no torneo inaugural de Uruguai 1930, cando acadou a terceira praza. Máis recentemente rematou cuarto na Copa América, chegou aos cuartos de final do mundial de 2002 e foi finalista da Copa Confederacións en 2009. Ademais ten no seu palmarés seis Copas de Ouro da CONCACAF.
Historia O primeiro partido xogado por unha selección baixo a bandeira estadounidense realizouse contra a selección do Canadá, o 28 de novembro de 1895, en Newark. Con todo, este partido non é recoñecido internacionalmente, e considérase que o primeiro partido oficial foi o que xogou en Estocolmo, ante o combinado Suecia, o 20 de agosto de 1916.
O equipo xogou a semifinal da Copa Mundial de Fútbol de 1930, perdendo 6-1 contra e obtendo o terceiro posto. Unha das anécdotas que quedan do devandito equipo estadounidense é que era conformado por cidadáns de múltiples nacionalidades, pertencentes ao exército do país, que estaban a se preparar para a posible guerra que ocorrería anos despois.
Desde a realización do mundial de 1994 no país, a selección de fútbol, logrou que o deporte gañe espazo no país do Béisbol, Fútbol Americano, Baloncesto e Hockey, aínda que cabe destacar que a maioría de xogadores da selección, non militan na MLS (liga estadounidense de fútbol), senón en clubs de Europa, o cal axudou ao desenvolvemento da técnica e táctica do equipo. Como curiosidade, no mesmo mundial 1994, a maioría dos convocados á cita mundial non tiña club onde xogar, xa que só algúns xogaban en Europa até a súa expansión a nivel individual.
O día 24 de xuño de 2009, Estados Unidos logra unha vitoria histórica no marco da Copa FIFA Confederacións 2009, tras vencer nas semifinais 0-2 á selección de España, selección que viña 35 partidos sen coñecer a derrota e 15 partidos gañados consecutivamente. Na final, enfrontáronse á selección do Brasil, no primeiro tempo dese partido, Estados Unidos estaba a dar a sorpresa ao gañar por 2 goles por 0, con todo, no segundo tempo Brasil deulle a volta e acabou gañando por 2-3, con todo, o equipo "das barras e as estrelas" daba a sorpresa ao chegar á final logo de quedar a piques da eliminación na fase de grupos.
Uniforme Dendo o seu primeiro encontro non oficial ante , os uniformes consistiron en camisolas brancas con pantalón azul. En 1950, Estados Unidos adoptou un estilo "Perú" poñendo unha franxa diagonal que cruzaba a camisola. Esta barra tense utilizado nos uniformes de 2003, 2004, 2006 así como no uniforme de 2010. Adidas foi o provedor dos uniformes dos Estados Unidos dende 1984 até 1994. Dende 1995, a compañía estadounidense Nike é a que viste á selección.
Resultados
Copa Mundial de Fútbol Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC Uruguai 1930 Semifinais 3° 3 2 0 1 7 6 border|20px|Italia Italia 1934 Primeira fase 16° 1 0 0 1 1 7 Francia 1938Non clasificado border|20px|Brasil Brasil 1950 Primeira fase 10° 3 1 0 2 4 8 Suíza 1954Non clasificado Suecia 1958 Chile 1962 Inglaterra 1966 México 1970 Alemaña 1974 Arxentina 1978 España 1982 México 1986 Italia 1990 Primeira fase 23° 3 0 0 3 2 8 Estados Unidos 1994 Oitavos de final 14° 4 1 1 2 3 4 Francia 1998 Primeira fase 32° 3 0 0 3 1 5 Corea/Xapón 2002 Cuartos de final 8° 5 2 1 2 7 7 Alemaña 2006 Primeira fase 25° 3 0 1 2 2 6 Suráfrica 2010 Oitavos de final 12° 4 1 2 1 5 5 Brasil 2014 Oitavos de final 15 4 1 1 2 5 6 Rusia 2018Non clasificado Total - 25°2975173256
Copa de Ouro Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC Estados Unidos 1991 Campión 1° 5 4 1 0 10 3 Estados Unidos/México 1993 Subcampión 2° 4 4 0 1 5 5 Estados Unidos 1996 Semifinais 3° 2 2 0 1 5 3 Estados Unidos 1998 Subcampión 2° 4 3 0 1 6 2 Estados Unidos 2000 Cuartos de final 5° 2 2 1 0 6 2 Estados Unidos 2002 Campión 1° 5 4 1 0 9 1 Estados Unidos/México 2003 Semifinais 3° 4 3 0 1 10 2 Estados Unidos 2005 Campión 1° 5 4 2 0 11 3 Estados Unidos 2007 Campión 1° 6 6 0 0 13 3 Estados Unidos 2009 Subcampión 2° 6 4 1 1 12 8 Estados Unidos 2011 Subcampión 2° 6 4 0 2 9 6 Estados Unidos 2013 Campión 1° 6 6 0 0 20 4 Estados Unidos 2015 Semifinais 4° 6 3 2 1 12 5 Estados Unidos 2017 Campión 1° 6 5 1 0 13 4 Total - 2°4732658031
Xogadores
Máis partidos disputados Actualizado a 22 de xullo de 2010. #NomePeríodoPartidosGoles1Cobi Jones1992–2004164152Jeff Agoos1988–200313443Marcelo Balboa1988–2000128134Landon Donovan2000–127455Claudio Reyna1994–200611286Paul Caligiuri1984–1997110157Eric Wynalda1990–2000106348Kasey Keller1990–200710209Earnie Stewart1990–20041011710Tony Meola1988–20061000Joe-Max Moore1992–200210024
Máximos goleadores da selección miniatura|185px|Landon Donovan. Actualizado a 22 de xullo de 2010. #XogadorPeríodoGoles Partidos1Landon Donovan2000–451272Eric Wynalda1990–2000341063Brian McBride1993–200630954Joe-Max Moore1992–2002241005Bruce Murray1985–199321866Clint Dempsey2004–19667DaMarcus Beasley2001–1793Earnie Stewart1990–2004171019Cobi Jones1992–20041516410.Hugo Pérez1984–19941373Marcelo Balboa1988–200013128
Adestradores
Thomas Cahill (1916−1924) George Burford (1924−1925) Nat Agar (1925−1927) George Burford (1927−1928) Robert Millar (1929−1933) David Gould (1933−1934) Bill Lloyd (1934−1937) Sen seleccionador entre 1938−1946 Andrew Brown (1947−1948) Walter Giesler (1948−1949) Bill Jeffrey (1949−1952) John Wood (1952−1953) Ernő Schwarz (1953−1955) George Meyer (1957) Jim Reed (1959−1961) John Herberger (1964) George Meyer (1965) Phil Woosnam (1968) Gordon Jago (1969) Bob Kehoe (1971−1972)
Max Wosniak (1973) Eugene Chyzowych (1973) Gordon Bradley (1973) Dettmar Cramer (1974) Al Miller (1975) Manny Schellscheidt (1975) Walter Chyzowych (1976−1980) Bob Gansler (1982) Alkis Panagoulias (1983−1985) Lothar Osiander (1986−1988) Bob Gansler (1989−1991) John Kowalski (1991) Bora Milutinović (1991−1995) Steve Sampson (1995−1998) Bruce Arena (1998−2006) Bob Bradley (2006−2011) Jürgen Klinsmann (2011−2016) Bruce Arena (2016−2017) Dave Sarachan (2017−2018) Gregg Berhalter (2018−presente)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Federación de Fútbol dos Estados Unidos
Ligazóns externas Sitio web oficial de US Soccer Arquivo de resultados entre 1885 e 1979 Arquivo de resultados entre 1980 e 2008
Categoría:Fútbol nos Estados Unidos de América