The Birthday Party (orixinalmente coñecida coma The Boys Next Door) foi unha banda australiana de post-punk, activa de 1976 ata 1983.
Malia ser promovidos por John Peel, The Birthday Party tivo pouco éxito comercial durante a súa carreira. Aínda que de xeito indirecto, a súa influencia foi moi grande, e foron citados como unha das "bandas máis escuras e difíciles do post-punk surxidas nos 80". Aínda que na súa primeira etapa foi ás veces cualificada como banda de rock gótico a banda rexeitaba o termo, e o seu son era moi distinto á maioría da música gótica e máis próxima ao No Wave. Porén, The Birthday Party tivo moita influencia no deathrock, un xénero relacionado co rock gótico.
A pesar do seu limitado éxito comercial, o núcleo creativo da banda tivo unhas recoñecidas carreiras musicais: o vocalista e compositor Nick Cave, o multi-instrumista e compositor Mick Harvey e o vocalista, compositor e guitarrista.
Discografía Álbums The Boys Next Door Door, Door (LP, 1979)
The Boys Next Door/The Birthday Party "The Birthday Party (LP 1980).
The Birthday Party Prayers on Fire (LP, 1981) Junkyard (LP, 1982) A Collection ... (CD) It's Still Living (LP, 1985) Best and Rarest (LP, 1985) Hee Haw (CD, 1988) Mutiny/The Bad Seed (CD, 1989) Hits (CD, 1992) Live 1981–82 (CD, 1999) The John Peel Sessions - 2001
Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de Melbourne Categoría:Grupos musicais formados en 1976 Categoría:Grupos musicais separados en 1983