Guanentá é unha das seis provincias do departamento de Santander, en Colombia.
Foi creada o 2 de marzo de 1844 polo congreso de Nova Granada, que naquela altura tivo a capital en Cincelada. A actual capital é San Gil.
Concellos de Guanentá Conforman esta provincia os concellos de:
Aratoca Barichara Cabrera Cepitá Coromoro Curití Charalá Encino Jordán Mogotes Ocamonte Onzaga Páramo Pinchote San Gil San Joaquín Valle de San José Villanueva
Hidrografía Os principais ríos da provincia de Guanentá son: río Fonce: Nace no sur da provincia e percórrea de sur a noroeste, recollendo ó seu paso os caudais do Pienta, o Mogoticos, o Quebrada de Venados etc. Atravesa as poboacións de Charalá, Valle de San José, Ocamonte, Mogotes, San Gil ou Pinchote, e desemboca no río Suárez. río Pienta: É un dos principais afluentes do río Fonce. río Taquiza: Outro dos principlais afluentes do Fonce. río Mogoticos: río, afluente do Fonce, que desemboca á altura de San Gil. río Curití: afluente do Fonce Quebrada de Venados, afluente que nace en Páramo e que desemboca entre San Gil e Valle de San José.
Notas
Categoría:Provincias de Colombia