Acontecementos Fundación da Asociación Regionalista Gallega, primeiro partido político de Galiza. 8 de xaneiro - Aparece en Lugo o semanario O Labrego. 29 de xaneiro - Liliʻuokalani, ascende ao trono de Hawai 29 de decembro - Thomas Alva Edison patenta a radio.
Nacementos 8 de xaneiro - Xosé Tobío Mayo, escritor galego. 8 de xaneiro - Walther Bothe, físico alemán. 13 de xaneiro - José Juan Pérez Gómez, xornalista e escritor galego (m. 1947). 15 de xaneiro - Osip Mandelshtam, poeta ruso. 17 de xaneiro - Antón Iglesias Vilarelle, mestre e músico galego (m. 1971). 20 de xaneiro - Manuel Castro Gil, gravador e pintor galego (m. 1961). 22 de xaneiro - Antonio Gramsci, político italiano. 25 de febreiro - Elena Estévez, propagandista agraria galega (m. 1933).
18 de marzo - Roberto Blanco Torres, escritor e xornalista galego.
2 de abril - Max Ernst, artista plástico alemán.
9 de abril - Vlasta Burian, actor e cantante checo (m. 1962). 18 de maio - Rudolf Carnap, filósofo alemán. 29 de xuño - Ramiro Paz Carbajal, político galego (m. 1936). 20 de outubro - James Chadwick, físico británico, premio Nobel de Física en 1935. 27 de novembro - Pedro Salinas, poeta español. 2 de decembro - Otto Dix, pintor alemán (m. 1969). 5 de decembro - Alexander Rodchenko, escultor, pintor, deseñador gráfico e fotógrafo ruso. 26 de decembro - Henry Miller, escritor estadounidense.
Mortes 11 de xaneiro - Georges Eugène Haussmann, político e urbanista francés. 9 de febreiro - Johan Barthold Jongkind, pintor impresionista holandés (n. 1819). 10 de febreiro - Sofia Kovalewska, matemática rusa. 18 de febreiro - Pedro Calderón Herce Collantes, político galego (n. 1936). 29 de marzo - Georges Seurat, pintor francés. 17 de maio - Castor García Fernández, político galego (n. 1813). 24 de maio - Joseph Roumanille, poeta francés en occitano (n. 1818). 18 de xuño - Matías López López, industrial e político galego. 1 de xullo - Luis de Trelles, avogado, político e xornalista galego. 26 de xullo - George Borrow, escritor, viaxeiro e filólogo inglés. 31 de xullo - Helena Blavatsky, ocultista rusa, fundadora da Sociedade Teosófica. 11 de setembro - Antero de Quental, escritor e político portugués. 11 de setembro - Benito Losada Astray, médico, militar e escritor galego. 28 de setembro - Herman Melville, escritor estadounidense. 6 de outubro - Charles Stewart Parnell, líder político irlandés. 10 de novembro - Arthur Rimbaud, poeta francés. 5 de decembro - Pedro II, emperador do Brasil.
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1891