Medio Campidano (en sardo, Campidanu de Mesu) foi unha provincia da rexión de Sardeña, en Italia. A provincia foi creada por lei no ano 2001 e estivo operativa desde o 2005 ata o 2016, sendo escolleitos os seus primeiros gobernantes no 2006. O seu territorio formaba previamente parte da provincia de Cagliari. As súas capitais foron Sanluri e Villacidro.

Tiña unha área de 1.516 km2, e unha poboación total de 105.400 habitantes (2001). A provincia tiña 28 municipios na provincia.

Pola lei rexional nº 2 do 4 de febreiro de 2016, a provincia foi fusionada coa provincia de Carbonia-Iglesias e 54 comunas da provincia de Cagliari creando a provincia de Sardeña do Sur.

Referencias

Véxase tamén

Medio Campidano Medio Campidano