Caltanissetta (en lingua siciliana, Nissa) é unha provincia da rexión de Sicilia, en Italia. A súa capital é a cidade de Caltanissetta.
Ten unha área de 2.125 km2, e unha poboación de 273.597 habitantes (2001). Hai 22 municipios na provincia.
Fai fronteira a norte coa provincia de Palermo, a nordeste coa provincia de Enna, a leste coa provincia de Catania, a sueste coa provincia de Ragusa, a sur co Canal de Sicilia e a oeste coa provincia de Agrigento.
miniatura|200px|dereita|Mapa da provincia cos límites comunais. Pertencen á provincia de Caltanissetta as seguintes 22 comunas:
Acquaviva Platani. Bompensiere. Butera. Caltanissetta. Campofranco. Delia. Gela. Marianopoli. Mazzarino. Milena. Montedoro. Mussomeli. Niscemi. Resuttano. Riesi. San Cataldo. Santa Caterina Villarmosa. Serradifalco. Sommatino. Sutera. Vallelunga Pratameno. Villalba.
Posúe un enclave na provincia de Palermo, a comuna de Resuttano. Por outra lado, Caltanissetta ten un enclave da provincia de Enna, aínda que sen localidades.
Véxase tamén Ligazóns externas Provincia di Caltanissetta
Caltanissetta Caltanissetta